iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
Eventos 5d5z2f
Por Radio Liverdade
83
47
Os eventos de Ourense: Marchas, concertos, charlas y mais... Gravados por Radio Liverdade. 5k5x5
Os eventos de Ourense: Marchas, concertos, charlas y mais...
Gravados por Radio Liverdade.
Laicismo: unha porta á liberdade
Episodio en Eventos
Non vos deron arrepíos? Escoitar todas esas invencións, prohibicións e persecucións que leva feito século tras século a igrexa. Esa culpabilidade cando amamos diferente, eses remordementos cando nos masturbabamos de nenas, esa xenreira cando nos roubaban os segredos no confesionario... Nós rebelámosnos e apostatamos. E non fixemos un programa de radio xornalístico nin imparcial, non, fixemos unha análise das actitudes da santa, din, sede e unha apoloxía da apostasía. Para iso temos con nós ás ateas e ateos confesos, Cristina Asenjo, do sindicato de educación STEG, ao avogado Alfonso Pazos, a Karina Mouriño de Europa Laica, a Manuel Precedo, que sabe ben de como apostatar e do Fecal, e a Carmen Sueiro, activistas feminista e laica. Alba Pazos e Emilio Tilve aos micros, na mesa de son está Uxía Buciños e graciñas tamén a Martiño polas fotos e ao Pueblo por acollernos!
01:45:39
25N: Feminismos para vivir
Episodio en Eventos
O feminismo ourensán, o feminismo galego, botouse á rúa un ano máis para denunciar as violencias machistas. Violencias que nos ridiculizan, que nos acosan, que nos agreden, que nos violan, que nos asasinan. Porque o machismo violenta as nosas vidas e ataca á nosa liberdade como persoas. Vivimos un estado de excepción de terrorismo machista no que, dende que hai cifras oficiais, o ano 2003, contabilízanse 1.028 feminicidios. Mulleres asasinadas por homes en todo o estado. 62 en Galiza desde 2010, 6 mulleres asasinadas este ano no noso país e co asasinato de Sara, de 26 anos en Tenerife, o día contra as violencias contra as mulleres, 52 é a cifra oficial en España, pero o colectivo Feminicidio.net eleva o número de feminicidios e asasinatos a 94. Pero ademais, dos asasinatos, inisibles, a violencia patriarcal maniféstase de múltiples maneiras distintas. Na rúa, no traballo, no ámbito doméstico e tamén nas propias institucións. Disto é do nos falaron nosas convidadas no Café Cultural el Pueblo. Están as nosas institucións concienciadas do grave problema do machismo? Podemos falar de institucións despatriarcalizadas? Os concellos, a universidade, a propia xudicatura, están a emprender a transición feminista ou estanse a dar pasos cara atrás?
01:45:01
As do 8: Maternidades subversivas
Episodio en Eventos
Dentro das actividades de As do 8, o 11 de outubro celebrouse unha xuntanza de mulleres para debater sobre as maternidades no Café Cultural El Pueblo. Nais, e non nais, opinan sobre as súas experiencias persoais e as súas opinións sobre o que arrodea a maternidade, de como a trata a sociedade e poñen o acento nas cousas que hai que mudar.
02:07:11
Emerxencia climática: Unha perspectiva local
Episodio en Eventos
Estamos a vivir en Ourense, Galiza e no mundo enteiro unha serie de movilizacións masivas, sobre todo no ámbito do estudantado enmarcadas na loita contra a emerxencia climática. É por a isto que a Radio Liverdade sae unha vez máis ao encontro para tomar o pulso desta loita falando coas súas protagonistas. Abrimos os micros, desta volta no Café Cultural El Pueblo de Ourense para ter unha diagnose de primeira man da situación presente e futura do país en relación ás mudanzas causadas polo quecemento global.
01:56:58
Fala a Cultura
Episodio en Eventos
Radio Liverdade sae unha vez máis á rúa, onde máis nos gusta estar, para falar dun dos temas máis candentes do Ourense actual, a Cultura. Convidamos a persoas de procedencias moi variadas e relacionadas con este eido para que nos conten de primeira man cal é a situación real e cales son as súas visións con respecto a algo que nos afecta a todas as ourensás.
02:03:11
As do oito - En todas partes
Episodio en Eventos
Dentro das actividades de As do oito cada 8 de mes, este setembro celebrouse un faladoiro no Liceo de Ourense con seis mulleres que desenvolven a súa actividade profesional en entornos masculinizados. Nesta actividade, moderada por Nate Borrajo, participaron María Prado, conductora de autobuses en Autocares Rogelio, María José Estévez, xerente de Prosoda, empresa de montaxe de espectáculos, Raquel Huete, baixista, cantante e tubista, Iria de Dios, investigadora da ciencia cognitiva e da linguaxe, Marta Rodríguez, xogadora de fútbol sala no Ourense Envialia e Liliana Rodríguez, mecánica.
01:17:41
FIB 2019
Episodio en Eventos
Un ano máis remata o veráEarte, despois de moitas actividades pechamos coa mellor festa do ano, o Festival Intercultural do Barbaña! Unha vez feitas todas as actividades dos colectivos de EsCuA, disfrazámonos e gozamos da música e da sátira, todas xuntas, na praza de San Marcial. Nesta edición participaron: A fadista libertaria - Esa nena As Damnificadas - O hemiciclo As Nitroglicerinas - As rúas son nosas Josemanu - Eu x ti, ti x min Rectángulo de Amor Bizarro - Piso en Viacambre (1º Premio) As Femilistas - Volve Sofía Xácome Valtar e as Psicópatas do Barbaña - Xacomuiñeira de Valtar Los Manolos - O bastón (2º Premio) PPeretas - Xuntas por Xinzo Ukelerria - Una llave llamada libertad Fatty Daddy Panky - Despachito Os Riquilerchos - Onde van os Calis? The Longhands - Dale al merengue Nubes baixo ti - Chuvias torrenciais Manette - Pincho vegetal (Xurado popular) Ramona a dos pelos na cona - Graciñas por vir
02:16:54
Comunicado - Querémos-te na casa, Miguel
Episodio en Eventos
Lectura do comunicado de ESCUA sobre a detención de Miguel. Querémos-te na casa, Miguel Recentemente os movimentos sociais de Ourense vivimos outro episódio de repressom, esta vez nom se trata de multas nem de confrontos mediáticos, esta vez temos a um dos nossos na cadeia. O Miguel está desde o domingo 16 de Junho em Soto del Real, separado da sua família, das suas vizinhas, das suas amizades e do seu povo. É um preso independentista galego detido por orde da “Audiencia Nacional” e em prisom preventiva sem fiança junto a outros três independentistas, acusados polos médios de intoxicaçom servís ao regime como umha pessoa perigosa colaboradora de banda armada sem a mínima presunçom de inocência. Miguel é um dos bos e generosos, um dos que aporta, dos que une, dos que suma, um dos que estaria participando e organizando atividades para o veranearte. Dos que nom se calam perante as injustiças, dos que procuram um mundo melhor. Nestes tempos de recortes de liberdades e auge dos fascismos, desde EsCuA e o Veranearte queremos amosar o nosso apoio e solidarizar-nos co Miguel. Juntas somos imparaveis, queremos-te na casa!
01:16
Radio na Rúa - Antía Balvís e Carlos da Aira
Episodio en Eventos
As poetas Antía Balvís e Carlos da Aira regaláronos un breve recital durante o programa de presentación das actividades do veránEarte 2019, Radio na Rúa.
03:23
Radio na Rúa - Ricardo Coronel - Garufa
Episodio en Eventos
Ricardo Coronel fíxonos este agasallo, cantou en directo Garufa no programa de presentación do veránEarte 2019, Radio na Rúa.
02:27
Radio na Rúa #VEA19
Episodio en Eventos
Programa para presentar as actividades do veránEarte 2019. Polos nosos micros pasaron moitos dos colectivos para explicárnolas, dende concertos até roteiros, todo xullo e agosto, en Ourense, con programación cultural ao xeito de ESCUA. Autoxestión e participación, dende abaixo.
01:44:44
Reina Loba
Episodio en Eventos
Este verán estivemos no Festival Reina Loba falando coas asistentes e organizadoras do Espazo Matrioska! Gravamos os concertos (aínda que non podemos ofrecervos todos debido a uns problemiñas que tivemos de gravación no escenario principal). Agardamos que vos guste!
02:00:19
Entrevistas FIB 2018
Episodio en Eventos
A nosa compañeira Mar estivo entre bambalinas entrevistando a varias participantes e organizadoras do Festival Intercultural do Barbaña 2018. Ademais de escoitar o FIB completo podédesvos achegar a este peche final do veránEarte dun xeito máis intimo e descubrir as sensacións dos grupos dende dentro.
29:15
FIB 2018
Episodio en Eventos
Festibal Intercultural do Barbaña 2018 completo. Remata o veránEarte e como todos os anos, faino con festa. O Festival Intercultural do Barbaña é o remate da programación cultural destes dous meses de verán nos que os colectivos de EsCuA non pararon. E un ano máis queremos partillar con todas vós esta festa. Damniperigos - Arboricidio Ukelerria - A paus As Femilistas - Todo quisqui é feminista (2º Premio) PPeretas - Suavemente Mul-ta-me Los Taraos - La ventanita Nubes Baixo Ti - Denunciei (Xurado popular) Rata de dos patas - Belén Oh Rachid El Rafah e as Eskacharéns - In & Out Hipoconcello de Pontecanedo - Hai un cacique en min Manette - Por qué te vas? (1º Premio) Kondiós - Amigos de lo ajeno
02:06:21
Paseo das Letras #VeA18
Episodio en Eventos
O #PaseoDasLetras foi unha actividade dentro do #veránEarte2018 no que oito poetisas locais recitaron as súas obras en diferentes espazos do casco vello de Ourense. Neste paseo puidemos percorrer con elas as localizacións máis senlleiras da nosa vila.
51:28
Radio na Rúa - veránEarte 2018
Episodio en Eventos
Este ano voltamos a sacar os nosos trebellos á rúa para presentar as actividades do veránEarte de 2018. De novo tamén nas escaleiras do Museo Arqueolóxico, na praza Maior, estivemos falando coas organizadoras das diferentes propostas que as asociacións de EsCuA teñen para a programación cultural de verán.
01:35:08
Entrevista Carlos da Aira - Letras galegas - Revista Orballo
Episodio en Eventos
Xente que traballa pola cultura e as letras en Ourense hai abondo, aínda que ás veces poida non parecelo. Grazas, Revista Orballo, Radio Liverdade e O'Renque, polo activismo. Toda unha tarde de cultura; radio con debates interesantes, música e poesía para homenaxear a María Victoria Moreno neste Día das Letras Galegas 2018. Grande achega poética de Antía Balvís Moreiras, Manuel J Maside, Noa Moreira, Natalia Umpiérrez Suárez e Raquel (versos e música). Grazas tamén Antía Alberte Maneiro, La chica de la pisa!
31:31
Faladoiro - Letras Galegas - Revista Orballo
Episodio en Eventos
Xente que traballa pola cultura e as letras en Ourense hai abondo, aínda que ás veces poida non parecelo. Grazas, Revista Orballo, Radio Liverdade e O'Renque, polo activismo. Toda unha tarde de cultura; radio con debates interesantes, música e poesía para homenaxear a María Victoria Moreno neste Día das Letras Galegas 2018. Grande achega poética de Antía Balvís Moreiras, Manuel J Maside, Noa Moreira, Natalia Umpiérrez Suárez e Raquel (versos e música). Grazas tamén Antía Alberte Maneiro, La chica de la pisa!
01:34:41
Recital de Poesía - Letras galegas - Revista Orballo
Episodio en Eventos
Xente que traballa pola cultura e as letras en Ourense hai abondo, aínda que ás veces poida non parecelo. Grazas, Revista Orballo, Radio Liverdade e O'Renque, polo activismo. Toda unha tarde de cultura; radio con debates interesantes, música e poesía para homenaxear a María Victoria Moreno neste Día das Letras Galegas 2018. Grande achega poética de Antía Balvís Moreiras, Manuel J Maside, Noa Moreira, Natalia Umpiérrez Suárez e Raquel (versos e música). Grazas tamén Antía Alberte Maneiro, La chica de la pisa!
01:45:51
#porquemepeta 2018
Episodio en Eventos
Este ano no Día das Letras Galegas naceu unha nova celebración, unha homenaxe a tódalas crianzas que falan galego, que farán que a nosa lingua dogs viva. No momento en que vemos como o galego está cada día máis asediado pola inmersión castelá da nosa sociedade, dos medios e das institucións, aparece unha iniciativa que pretende axudar a que a nosa fala teña un futuro e non se converta nunha cousa do pasado.
31:25
Más de Radio Liverdade Ver más
Efecto Bandua Unha mirada crítica da actualidade, coas voces das súas protagonistas e da comunidade, dende Galiza Actualizado
Lecturas A sección literaria de Radio Liverdade. Aquí compartimos diversas lecturas de poesías, lendas, fragmentos de libros e outras cousas. Actualizado
Listas del creador Ver más
También te puede gustar Ver más
Soa o Silencio Soa o silencio é unha ventá aberta á cidadanía, onde tentaremos achegarvos temas que vos interesen, realidades incómodas, asulagadas. Para iso contaremos, en cada programa, cun espazo de entrevistas e conversas para que sexan os que saben de cada asunto os que boten luz a temas escuros. E tamén faremos soar as voces da rúa, esas críticas tantas veces silenciadas. En cada programa ademais dos temas sociais, achegarémonos á cultura a través da música e da lectura. Ensaios novelas, teatro, poesía… Para que vaiades petiscando. Tamén contaremos con algunha sección que por agora, deixamos que sexan sorpresa. Estamos gravando no local da Asociación Cultural A Galleira, en Ourense. Pero seremos un programa itinerante achegándonos a distintos lugares da cidade para escoitar como soa o silencio. https://radioliverdade.wordpress.com/programas/soa-o-silencio/ Actualizado
Carne Cruda - PROGRAMAS Todos los programas completos de la República Independiente de la Radio. Escúchalos en carnecruda.es y haz posible este programa en http://bit.ly/HazteproductorCC Actualizado
Hiedra Radiorevista feminista Hiedra es un programa de radio y una revista transfeminista, hecha desde y para mujeres. Un proceso colectivo de inter-aprendizaje y empoderamiento. Algunas de sus secciones son: economías para todas las vidas, defensoras, en diálogo, vulneraciones a los derechos fundamentales aquí y ahora, maletas y mochilas, entre otras. Actualizado