Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Soa o Silencio
Soa o Silencio
Podcast

Soa o Silencio 6yyq

5
32

Soa o silencio é unha ventá aberta á cidadanía, onde tentaremos achegarvos temas que vos interesen, realidades incómodas, asulagadas. Para iso contaremos, en cada programa, cun espazo de entrevistas e conversas para que sexan os que saben de cada asunto os que boten luz a temas escuros. E tamén faremos soar as voces da rúa, esas críticas tantas veces silenciadas. En cada programa ademais dos temas sociais, achegarémonos á cultura a través da música e da lectura. Ensaios novelas, teatro, poesía… Para que vaiades petiscando. Tamén contaremos con algunha sección que por agora, deixamos que sexan sorpresa. Estamos gravando no local da Asociación Cultural A Galleira, en Ourense. Pero seremos un programa itinerante achegándonos a distintos lugares da cidade para escoitar como soa o silencio. https://radioliverdade.wordpress.com/programas/soa-o-silencio/ 5q6ih

Soa o silencio é unha ventá aberta á cidadanía, onde tentaremos achegarvos temas que vos interesen, realidades incómodas, asulagadas. Para iso contaremos, en cada programa, cun espazo de entrevistas e conversas para que sexan os que saben de cada asunto os que boten luz a temas escuros. E tamén faremos soar as voces da rúa, esas críticas tantas veces silenciadas.

En cada programa ademais dos temas sociais, achegarémonos á cultura a través da música e da lectura. Ensaios novelas, teatro, poesía… Para que vaiades petiscando. Tamén contaremos con algunha sección que por agora, deixamos que sexan sorpresa.

Estamos gravando no local da Asociación Cultural A Galleira, en Ourense. Pero seremos un programa itinerante achegándonos a distintos lugares da cidade para escoitar como soa o silencio.

https://radioliverdade.wordpress.com/programas/soa-o-silencio/

5
32
SoS #5 Vivindo o Rural
SoS #5 Vivindo o Rural
Episodio en Soa o Silencio
Desprazámonos ata a marabillosa taberna A Arca da Noe para gravar o quinto capítulo do noso programa Soa o Silencio. En 'Vivindo o rual' quixemos afondar nisto, no que supón vivir e traballar no rural, nas nosas aldeas practicamente abandonadas. E para iso contamos con xente que pode falar por propia experiencia.
Mundo y sociedad 7 años
1
0
358
01:34:25
SoS #4 Falemos do suicidio, a morte silenciada
SoS #4 Falemos do suicidio, a morte silenciada
Episodio en Soa o Silencio
En Galicia, cada día unha persoa acaba coa súa propia vida. Os datos son preocupantes, os últimos que recolle o Instituto de Medicina Legal de Galicia, o IMELGA, din que en 2015 suicidáronse 324 persoas, e entre o 2010 e o 2015, un total de 2070 persoas quitáronse a vida en Galicia. O noso país ten así, con esas cifras, unha das taxas de suicidio máis elevadas con respecto ao conxunto do estado español e é a primeira causa de morte violenta, non natural. Triplica as mortes en accidentes de tráfico. Para axudar a compreder por que unha persoa decide acabar coa súa propia vida, pensamos que hai que falar do suicidio.
Salud, hogar y consumo 7 años
1
0
228
01:22:30
SoS #3 Desmontando o amor romántico
SoS #3 Desmontando o amor romántico
Episodio en Soa o Silencio
Este terceiro programa de Soa o Silencio quere desmontar os mitos do amor romántico e unímonos ao reto de desaprender xuntas, de darlle a volta aos conceptos e ás emocións impostas polo heteropatriarcado e o capitalismo.
Política, economía y opinión 8 años
2
0
348
01:22:00
SoS #2 8M As mulleres paramos o mundo
SoS #2 8M As mulleres paramos o mundo
Episodio en Soa o Silencio
Hoxe Día Internacional da Muller, escoitamos as voces fortes e valentes das mulleres. Entrevistamos a unha desas mulleres, feminista en tódolos ámbitos da súa vida, de Ourense, poeta, profesora e futura académica da Real Academia Galega, a escritora Chus Pato. Da loita feminista na Galiza e tamén en Ourense e das accións e reivindicacións deste 8 de marzo, conversamos con Lucía e Ximena, integrantes da Coordenadora Local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres.
Política, economía y opinión 8 años
3
0
308
01:29:50
SoS #1 As amezas do CETA
SoS #1 As amezas do CETA
Episodio en Soa o Silencio
Neste primeiro capítulo de estrena falamos do CETA, o famoso Comprehensive Economic and Trade Agreement, é dicir o tratado de libre comercio entre Canadá e a Unión Europea e que vai ser ratificado inmientemente polo Parlamento europeo o vindeiro dia 15 de febreiro. As ameazas do CETA son moitas, ferirá os nosos dereitos fundamentais como persoas, é por iso que o sábado 21 de xaneiro cidadáns dunha vintena de localidades do estado se mobilizaron para amosar o seu rexeitamento ao CETA, entre elas Ourense. Falamos con Ánxeles Faraldo, representante da plataforma Ourense di NON ao TTIP, para analizar polo miúdo os prexuízos deste tratado e coñecer os efectos concretos na nosa realidade, nos dereitos como traballadoras, na seguridade alimentaria e no medio ambiente. Tamén lle preguntamos que podemos facer as cidadás para que non chegue a aprobarse. Uníronse á conversa Daniel Rodicio, do Sindicato Labrego, e con Manuel Ángel Dorrío de Amigos da Terra para afondar un pouco máis nos efectos do CETA no local, nas explotacións agropecuarias de Ourense, no noso medio ambiente e nas Denominacións de Orixe galegas. E rematamos cun fragmento do libro “Cómo funciona o mundo” de Noam Chomsky.
Política, economía y opinión 8 años
3
0
351
01:14:02
Más de Radio Liverdade Ver más
Efecto Bandua
Efecto Bandua Unha mirada crítica da actualidade, coas voces das súas protagonistas e da comunidade, dende Galiza Actualizado
Reportaxes
Reportaxes Todas as reportaxes feitas por Radio Liverdade. Actualizado
Lecturas
Lecturas A sección literaria de Radio Liverdade. Aquí compartimos diversas lecturas de poesías, lendas, fragmentos de libros e outras cousas. Actualizado
Listas del creador Ver más
También te puede gustar Ver más
The Communist Manifesto by Karl Marx and Friedrich
The Communist Manifesto by Karl Marx and Friedrich The Communist Manifesto was conceived as an outline of the basic beliefs of the Communist movement. The authors believed that the European Powers were universally afraid of the nascent movement, and were condemning as "communist," people or activities that did not actually conform to what the Communists believed. This Manifesto, then, became a manual for their beliefs.In it we find Marx and Engel's rehearsal of the idea that Capital has stolen away the work of the artisan and peasant by building up factories to produce goods cheaply. The efficiency of Capital depends, then, on the wage laborers who staff the factories and how little they will accept in order to have work. This concentrates power and money in a Bourgeois class that profits from the disunity of workers (Proletarians), who only receive a subsistence wage.If workers unite in a class struggle against the bourgeois, using riot and strikes as weapons, they will eventually overthrow the bourgeois and replace them as a ruling class. Communists further believe in and lay out a system of reforms to transform into a classless, stateless society, thus distinguishing themselves from various flavors of Socialism, which would be content to have workers remain the ruling class after the revolution.The Manifesto caused a huge amount of discussion for its for a forcible overthrow of the existing politics and society. Actualizado
Hiedra Radiorevista feminista
Hiedra Radiorevista feminista Hiedra es un programa de radio y una revista transfeminista, hecha desde y para mujeres. Un proceso colectivo de inter-aprendizaje y empoderamiento. Algunas de sus secciones son: economías para todas las vidas, defensoras, en diálogo, vulneraciones a los derechos fundamentales aquí y ahora, maletas y mochilas, entre otras. Actualizado
Furia Feminista
Furia Feminista Furia Feminista é un podcast que nace en marzo de 2020 en medio dunha pandemia mundial porque non hai nada que unhas feministas intrépidas e cheas de amigas igual de atrevidas que elas non se animen a facer en medio do confinamento. Esta historia que hoxe comezamos nace das ganas de escoitarnos, reflexionar e rir xuntas... cun podcast galego e en galego. Da Galiza para a Galiza e para o mundo. Nace e camiñará da man de Radio Liberdade e da Marcha Mundial das Mulleres como máis unha ferramenta para a reflexión e a acción feminista. As seccións coas que contará serán: As Mulleres Falan: favorecendo a participación das mulleres a través de entrevistas e audios que poden enviarse a [email protected] O minuto feminista: coa vontade de facernos preguntas sobre cada tema proposto no programa para que da proposta de Furia Feminista broten máis e máis preguntas. Unha historia feminista: Nesta sección queremos percorrer as pequenas e grandes historias do feminismo, para coñecer as nosas xenealoxías e referentes. Queridos Aliados: Nesta sección de Furia Feminista queremos axudar aos nosos aliados. Para que logo digan que as feministas non somos pedagóxicas. Música feminista: en cada Capítulo/Programa sonarán dous temas dunha artista. Aceptamos suxestións! Coa sintonía de irando a condición de Sés como banda sonora, xa estamos aqui… que comece o matriarcado! Actualizado
Ir a Política, economía y opinión