iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
Reportaxes 4732g
Por Radio Liverdade
8
31
Todas as reportaxes feitas por Radio Liverdade. 3g736v
Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista!
Episodio en Reportaxes
Con este programa queremos facer memoria. Un pedaciño efímero do feminismo a partir da recollida de sons, ritmos e ideas que atravesaron corpos e lugares o domingo 3 de marzo do 2019, durante a manifestación galega que tivo lugar en Lugo desta volta, e tamén o venres 8 en Ourense, día de folga de coidados, estudantil, laboral e de consumo, así como de celebración, de re-encontros na rúa e de loita, día no que remexerse e pronunciarse de xeito público e colectivo ante as inxustizas, a falta de liberdades e dereitos.
01:02:57
Fala a Marcha Mundial das Mulleres: Punto de Encontro Familiar de Ourense
Episodio en Reportaxes
Dez anos despois da posta en marcha de leis que hoxe seguen sendo avanzadas en materia de xénero, o sistema de apoio e protección das mulleres que sufren violencia machista en Galiza precisa dunha profunda revisión para a análise de todo o que esta fallando en materia de atención, prevención e acompañamento. A situación dos xulgados de violencia (en Ourense inexistente), das sentencias que continúan revitimizando ás mulleres ou dos mecanismos de acompañamento en todo o proceso son nestes momentos alarmante e non estan dando a resposta que as mulleres precisan.A vaga de recortes sociais favorecen ademais a mala calidade dos servizos que deben velar pola atención das mulleres. Falta personal preparado, formado e con experiencia en todos os espazos nos que se disponibilizan recursos para a atención a mulleres que sufren violencia machista. A nivel municipal, nacional e estatal as proclamas sobre a importancia da igualdade e da loita contra a violencia non se traducen en máis recursos e máis persoal cualificado, polo que o avance real das nosas reivindicacións é escaso.
29:15
Traballo final “VIVAS NOS QUEREMOS III”
Episodio en Reportaxes
Trátase dun café conversa artellado entre 3 mozas e do que participan 4 compañeiras máis ás que se lles fixeron unha serie de preguntas... Sen centrarnos nun tema específico, preferimos navegar entre varios. Partimos nun primeiro momento e procurando non reconducir demasiado daquelo que emanase das participantes: agresións e abusos sexuales, voltar a casa soa, o medo, a influencia clave dos medios de “desinformación”, familias e amizades como reprodutoras do medo. Quixemos facer fincapé nas estratexias e fortalezas individuais e colectivas. Escollimos algún dos temas específicos: perspectivas antipunitivas contra as violencias machistas, perspectivas legais e xustiza feminista; masculinidades e violencia, a cuestión dos agresores.. que facemos con eles? Sobre estos lanzamos un par de preguntas concretas, simplemente para coñecer as súas opinións previas sen introducir previamente demasiada información sobre estes aspectos.
01:09:24
Fala o Grupo de Apoio Mutuo de Ourense
Episodio en Reportaxes
Os micros de Radio Liverdade recollen a voz de David, un membro do Grupo de Apoio Mutuo de Ourense (GAM), e do psicólogo sanitario Borja Fariñas. Fálannos dos beneficios do GAM, a súa organización e tamén das eivas que ten o sistema sanitario no tratamento da saúde mental.
25:14
Recuperación e protección dos montes afectados polos incendios.
Episodio en Reportaxes
Nesta gravación podedes atopar a información básica sobre como recuperar landras e sementes para iniciar el proceso de recuperación dos montes queimados. Tamén aprenderedes a elaborar barreiras vexetaís para protexer as cabeceiras dos ríos.
29:11
Capítulo # 3 - O lavadoiro: entre a memoria e a especulación
Episodio en Reportaxes
Neste derradeiro capítulo, combinamos días conversas, que nos sitúan na esencia do asunto e na verdadeira razón da xornada reivindicativa. Dúas mentes que espertan o pasado adormecido baixo pedra volcánica, desta, nosa cidade: Por unha banda, Fernándo Valcárcel: arquiveiro municipal, membro do Arquivo Visual Ourensán e investigador. Afondou na etnografía en feminino, entre outras, as lavandeiras. Por outra banda, Óscar Penín, arqueólogo, parte dos colectivos que convocaran a xornada “Coñeces as Burgas?”. Con estas testemuñas, deixamos que vos mesmxs tiredes as vosas propias conclusións. E que este fin do capítulo, vos permita coñecer e defender a cara oculta do termalismo ourensán. As lavandeiras são mulheres que moram nas fontes da Galiza e que se apresentam envurulhadas de uma aura misteriosa. Estas lavandeiras cando estão a lavar convidam a quem a a que lhes torça a roupa. Se a pessoa o faz no mesmo sentido que elas, a ação carrexa-lhe males. Isto ficou associado a forças malignas e mesmo ficaram recolhidas em certas canções tradicionais como eu ei por Vilarinho por Vilarinho cantando as moças de Vilarinho quedam no rio lavando Menina tu es o demo que me andas atentando que no rio, que na fonte sempre te encontro lavando Esta desconfiança pode ter a origem da imagem que se tinha destas mulheres que só desfrutavam de uma parcela de independência e libertade na que criavam um espácio próprio, cousa que representava uma ameaça para os privilégios dos homens. Por isso as acusavam de bruxas e aliadas do demo. AS BAÑISTAS VAN SALVAR OURENSE Segundo contan as crónicas, xa no Ourense medieval non estaba mal considerado pola Igrexa o feito de tomar os baños. As bañistas da cidade non tiñan, polo tanto, un concepto da vergoña tan severo como noutros lares. Tampouco tiñan necesidade de buscar a leña para quentar a auga e os corpos. O termalismo regaloulle a Ourense isto, parte da boa sona do seu pan, industrias como as curtidorías, negocios prósperos como o lavado de roupa e negocios alucinados como a calefacción termal para as familias con posibles. O termalismo foi unha bendición que nos acompaña dende hai 4000 anos. Hoxe, o que promove o Concello, non é termalismo. No que hoxe se invisten millóns de euros é promoción dos bañistas. Onde quedan as industrias do pan (derrubadas polo Concello), onde quedanas casa de baño(derrubadas polo Concello), onde quedarán as lavandeiras e o rianxo. Unha letanía que non para. Por iso, os colectivos agrupados baixo a denominación“Aos comercios, 1920” (ESCUA, AUCE, A.C. Óscar Allos, Radio Liverdade, Kasa Negra, Sustinea, A Bela Auria, MMM, Amigos da Terra, Algaravía, A Galleira e persoas a título particular) promotores de cultura, guías da cidade, coñecedores do patrimonio natural e cultural. Sabedores da riqueza ética e económica que achega á nosa cidade. Preguntámonos Non é termalismo e futuro o pan de Ourense, non é termalismo e turismo un oficio vivo como as lavandeiras (probablemente as últimas de Galicia), non é termalismo e gastronomía o rianxo, non son termalismo os restos arqueolóxicos soterrados baixo cemento. Ou cando queren dicir termalismo, só din BAÑISTAS. Se é así, que o digan as claras. Grazas ao termalismo, en Ourense xa temos tradición de desvergoña. QUE DIGAN: "O FUTURO DE OURENSE, SON AS BAÑISTAS". PEDIMOS: -unha nova política de intervención no BIC das Burgas, máis sensible co patrimonio e cas usuarias. -exposición pública do proxecto da praza de Abastos. -que se aclaren prazos en xeitos de traslado dos lavadoiros da praza de Abastos. -que o Concello requira que a Xunta catalogue a tradición das lavandeiras de Ourense dentro do Catálogo galego de Patrimonio Inmanterial.
29:42
Capítulo # 2 - Coñeces as Burgas?
Episodio en Reportaxes
O sol seguía quentando o pavimento da praza das Burgas cando o equipo de Radio Liverdade saíu do lavadoiro. Após ter conversado con María – a lavandeira – encontrámonos con un grupo escolar que descubría o patrimonio histórico da cidade. Mentres os sons das pandeiretas se mesturaban co murmurio dos chorros da “Burga de abaixo” os nenos e as nenas avaliaban a temperatura da auga. Logo, as monitoras do grupo propúñanlles participar no taller “Coñeces as Burgas?” onde os cativos e as cativas no so puideron coñecer a existencia do lavadoiro da praza de abastos, senón tamén deixar as súas visións do patrimonio histórico das Burgas. Neste capítulo, transmitimos unha das visitas guiadas polo arqueólogo Óscar Penín quen, grazas a súas referencias e anécdotas, evidenciou tanto os aspectos históricos e arqueolóxicos da zona como as problemáticas do seu estado actual e futuro. Unha viaxe que nos conducirá dende a época romana ata os nosos días e na que presenciaremos os distintos acontecementos que fraguaron este emblemático espazo ourensán.
26:32
Capítulo # 1 - O lavadoiro e a lavandeira
Episodio en Reportaxes
O LAVADOIRO E A LAVANDEIRA Nun radiante día de abril, mentres os raios do sol primaveral alumeaban a cidade de Ourense, un grupo de artistas mergullábase no lavadoiro das Burgas. Sorprendidos por un espectáculo de luces, no que os luminosos raios solares reflectían o movemento da auga contra as paredes, aproveitaron a tremenda acústica do lugar para impregnalo dos seus cantos e dos sons das pandeiretas. Así comezou a xornada do 7 de abril 2017, organizada por varios colectivos ourensáns, co obxectivo de descubrir o patrimonio cultural e histórico da zona das Burgas, permitindo así coñecer a zona en todas súas dimensións. Ata as máis descoñecidas. Un equipo de Radio Liverdade os acompañaba, para inmortalizar o evento e dar conta dos sucesos do día. Neste primeiro capítulo, presenciaredes unha conversa entre o equipo de Radio Liverdade e María, unha lavandeira, no formidábel lavadoiro da praza de abastos. Este espazo, tén unha importancia histórica e cultural manifesta. É aínda o lugar onde moitas mulleres no só se reúnen para lavar a roupa, senón tamén para compartir, falar, e afastarse das súas preocupacións da vida cotiá e... dos homes. É preciso avisar ao oínte de que a nosa presenza alterou a atmosfera do lugar e a tranquilidade que proporciona ás súas usuarias. Ao entrar no lavadoiro, invadimos, sen pretendelo, a intimidade das mulleres. Esa da que adoitan desfrutar en compañía e sen intromisións. Neste senso queremos agradecer a María pola súa confianza e evidenciar o feito de que a desaparición do lavadoiro, non só é unha perda dunha parte do patrimonio cultural ourensán, senón tamén a aniquilación dun dos derradeiros lugares públicos onde se preserva a autoridade e intimidade das mulleres, veteranas ou non.
28:36
Más de Radio Liverdade Ver más
Efecto Bandua Unha mirada crítica da actualidade, coas voces das súas protagonistas e da comunidade, dende Galiza Actualizado
A tradición de cantar: cantareiras e cantares As pandereteiras Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, as de Mens, Manuela Lema Villar e as irmás Prudencia e Asunción Garrido Ameijide de Malpica, e con elas todas as pandereiteiras de antes e dagora, reciben este 17 de maio a xusta homenaxe das Letras Galegas coma tesouro da música popular, da tradición oral e patrimonio inmaterial da nosa cultura. A música, mestra e musicóloga Cristina Asenjo Rodríguez falou no campus de Ourense das características e desta manifestación de creatividade artística e do seu valor sociolóxico coma ferramenta de resistencia das mulleres nas sociedades patriarcais. Escoitamos ó coro de alumnas e alumnos da Facultade de Educación e Traballo Social dirixidos pola profesora Lucía Casal de la Fuente. Tamén ó grupo de pandeiretas Xúa e ás regueifeiras Blanca Trigo e Silvia Villar. Actualizado
Lecturas A sección literaria de Radio Liverdade. Aquí compartimos diversas lecturas de poesías, lendas, fragmentos de libros e outras cousas. Actualizado
Listas del creador Ver más
También te puede gustar Ver más
Conversa festivais da Terra Chá Da gusto sentir a cultura bem viva na terra Chá... Conversamos cas xente da A. C. Castiñeiro milenario, do Parga rock e do pozo mouro ( Moimenta). 3 pedazos de festis que terán lugar nestas semanas Actualizado
Contos da Lareira Contos Galegos - Histórias contadas na língua galega. As típicas conversas que eram feitas ao redor das lareiras ou dos trabalhos colectivos. O idioma galego é o português falado na Galiza, porque o Mundo Fala Galego. Cada lugar com o seu sotaque, seja na Galiza, Portugal, Brasil, Guiné Bissau, Cabo Verde, Moçambique, Angola, São Tomé e Príncipe ou Timor Leste. A nossa língua é falada em vários cantos do planeta, e até mesmo no Vale do Xálima na Estremadura Espanhola. Actualizado