Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Contacontos en Galego
Contacontos en Galego
Podcast

Contacontos en Galego 3j4d17

20
107

Contacontos en galego nace da experiencia como nai, que cría as súas fillas intentando que teñan aceso a contos e material educativo e de lecer en galego, e tamén nace do meu amor pola locución sobretodo en galego. 6p3g10

Contacontos en galego nace da experiencia como nai, que cría as súas fillas intentando que teñan aceso a contos e material educativo e de lecer en galego, e tamén nace do meu amor pola locución sobretodo en galego.

20
107
A máscara do león (conto en galego mais canción de ALmudena
A máscara do león (conto en galego mais canción de ALmudena
O paso á idade adulta do chamado a ser Rei da sabana é usado por Margarita del Mazo como un argumento contra clixés e convencionalismos O álbum encerra unha crítica a todos aqueles que viven as súas vidas, conforme ao que os demais esperan deles. Ademais, alerta das dificultades á hora de alcanzar algo tan simple, e á vez tan complicado, como ser un mesmo. A organización cromática (vermellos, amarelos, azuis) das ilustracións de Paloma Valdivia reforza a localización xeográfica da historia e a súa carga dramática, o que non é incompatible con outras funcións das cores, como acentuar o carácter positivo e alegre dos protagonistas, ou complementar a carga narrativa do texto. O traballo da ilustradora chilena destaca tamén polo alto grao de iconicidade dos personaxes, sobre todo no caso dos secundarios, en simbiose perfecta cos que ocupan os primeiros planos. Ademais, a autora deléitanos con estilizados esquematismos gráficos e cunha figuración tan persoal como recoñecible. Texto de Margarita del Mazo Ilustracións de Paloma Valdivia Locutado e producido por Patty Castro abril de 2023
Hijos y educación 2 años
1
0
3.8k
09:22
Velliñas
Velliñas
Antea e Filipa son dúas velliñas humildes que comparten todo, aínda que o seu todo sexa case nada: sopa de auga de luns a sábado e un fideo a medias os domingos. Pero son felices ao contar coa súa maior riqueza: o afecto dunha pola outra. Esta historia amosa que somos capaces de facer cousas que parecen imposibles polas persoas que queremos, e que paga a pena chegar a vellos, pero moi vellos, para gozar canda elas dos grandes praceres —un gran banquete— e dos pequenos —unha faba diminuta. Charo Pita lémbranos que a idade é un regalo: está chea de vida e de misterios. Unha cara esculpida polas engurras é como unha árbore milenaria. O seu tronco groso florece cada primavera do mesmo xeito que unha persoa anciá con cada amencer. Así son Antea e Filipa, aventureiras do día a día, do carpe diem. Velliñas é un relato de renacemento na vellez, con elementos máxicos propios dos contos tradicionais, onde o coidado, a paciencia, a imaxinación e a valentía transforman a rutina de dúas mulleres maiores que se queren cunha alegría e unha forza, capaces de venceren calquera contratempo. Fátima Afonso regálanos neste álbum unha mostra, contida pero eficaz, da súa demostrada capacidade para xerar imaxes de marcado carácter narrativo. As puntuais contraposicións de texto-imaxe obrigan o lector a resolver algúns problemas de distanciamento, pero respectan en todo momento a función narrativa do discurso plástico. A ilustradora lusa propón unha xenerosa serie de planos medios para despregar un discurso dominado sobre todo polos acrílicos, con imaxes repletas de suxestivos detalles narrativos, o que permite gozar dunha lectura demorada e profunda. Texto de Charo Pita Ilustracións de Fátima Afonso editorial OQO locutado e realizado por Patty Castro en Xaneiro de 2023 para contacontos en galego
Hijos y educación 2 años
1
0
2.2k
05:47
A figueira de Pelostortos (con canión de Almudena Janeiro)
A figueira de Pelostortos (con canión de Almudena Janeiro)
Hai que ter tino co que se promete ás toas, sobre todo, se o que merecemos é un bo escarmento, tal e como lle ocorre ao avaro protagonista deste terrorífico e divertido conto. A coñecida contacontos Ana García Castellano fai unha adaptación deste relato tradicional español con diferentes versións como O tío Pelostortos. Para iso, conta coas ilustracións de Mikel Mardones, o artista bilbaíno, de recente incorporación ao mundo da ilustración infantil. Nesta versión a relación texto-ilustración é claramente favorable ás imaxes, que ocupan a maior parte do conxunto. Deste xeito, Mardones déixanos neste proxecto unha mostra da súa capacidade creativa, xa probada e desenvolvida noutros eidos artísticos. Os seus óleos de grande forza plástica e colorista recréannos un conxunto de imaxes de ambientación naturista. O álbum presenta unha serie de ilustracións de corte clásico, con inclinacións expresionistas e enorme forza expresiva, con abundantes planos medios e espectaculares primeiros planos. Texto de Ana G.ª Castellano Ilustracións de Mikel Mardones Editorial OQO Música de Almudena Janeiro Realizado e locutado por Patty castro en Xuño de 20022
Hijos y educación 2 años
3
0
2.1k
10:39
A voda do Galo Pinto (con canión de Almudena Janeiro)
A voda do Galo Pinto (con canión de Almudena Janeiro)
Galo Pinto quería engaiolar a Xiana e a vaca Gallarda fixo de casamenteira. No curral, en canto se soubo a noticia, andaban todos ás carreiras: as pitas poñían ovos para facer unha torta, Gallarda preparou a nata, as cabras colleron amoras das silveiras, os porcos apañaron flores, e un coro de ovellas ensaiaba cancións de voda. Unha voda sempre é motivo de alegría, por iso todos na granxa estaban tan contentos, todos menos a raposa da matogueira. A ela comíana os demos! Como podía casar a súa nena de prata cun galo tan fachendoso! É que non se decataba de que ao Galo Pinto só lle preocupaba lucirse no casamento? E por riba de vaidoso, interesado! Todo o día a preguntarlles aos convidados polos regalos! Autor: Juan Alfonso Belmontes Ilustradora: Natalie Pudalov Editora :OQO febreiro 2010 Música : Almudena Janeiro Locución e producción : Patty Castro para contacontos en galego en decembro de 2021
Hijos y educación 2 años
0
0
2.3k
10:47
Paco Papán (con canción de AlMUDENA JANEIRO)
Paco Papán (con canción de AlMUDENA JANEIRO)
A nai de Paco Papán empéñase en atoparlle un traballo á súa medida, e proba diferentes oficios: o luns busca traballo na xastraría, o martes na casa duns labregos, o mércores na taberna… Despois de divertidos contratempos e estrepitosos fracasos laborais, e cando xa non queda ninguén no contorno disposto a darlle traballo, a súa perseverancia e optimismo veranse por fin recompensados ao chegar á casa do enterrador, na aldea do lado. Versión libre a partir do conto tradicional O noivo parvo, popularizado polo escritor xudeu Isaac Bashevis Singer nos Contos da aldea de Chelm. Esta historia ten interesantes paralelos en tradicións distantes: Lazy Jack, en Inglaterra, Pedro Malasartes en Portugal, Maung Htin Aung en Birmania… con coincidencias notables, obviamente non casuais. En todas elas, o protagonista segue as instrucións ao pé da letra, aínda nas situacións máis inusitadas. A nai é a persoa que lle aprende ao rapaz o que debe dicir ou facer en cada circunstancia, e el obedece sen protestar e sen analizar por el mesmo a situación, o que deriva en actuacións incoherentes e absurdas. Paco Papán, respecta o fío e os motivos tradicionais da historia, e recupera algúns dos trazos das variantes anteriores. Pero incorpora un ritmo áxil e orixinal marcado polo paso dos sete días da semana, período ao longo do cal o protagonista alcanza a madurez. Desde o punto de vista visual, Evelyn Daviddi consegue darlle ás escenas un aire moderno, con personaxes expresivos e divertidos, gran coherencia na composición e espazos ben definidos que favorecen a comprensión e o deleite da obra por parte dos máis pequenos. Texto de Patacrúa, a partir dunha versión libre dun conto tradicional xudeu Ilustracións de Evelyn Daviddi Música de Almudena Janeiro Locutado e realizado por Patty Castro para Contacontos en galego en marzo de 2022
Hijos y educación 2 años
2
0
2.9k
10:16
Sal e azucre (con canción de Almudena Janeiro)
Sal e azucre (con canción de Almudena Janeiro)
Nunha casiña de sal, ao pé da montaña, vivían unha velliña, toda toda de sal, e un velliño, todo todo de azucre. Uns días queríanse moito e outros non paraban de discutir… Coa metáfora do sal e do azucre de fondo, constrúese esta historia que recrea de xeito simbólico sentimentos e experiencias difíciles de captar: as diferenzas de carácter, as dificultades na relación de parella, a dor da separación, a comprensión, a necesidade de afecto… A fotografía e a escultura combínanse nunha excelente posta en escena, para compor unha atmosfera verdadeiramente orixinal, na que os protagonistas xogan coas palabras e os tons. O resultado, un conto doce-salgado, de sabor mediterráneo. Pero se as imaxes culturais de vellos e vellas a miúdo aparecen estereotipadas, Iván Prieto foxe do clixé e moldea un novo imaxinario, con base nas múltiplas caras da realidade. Preséntanos ademais, un deseño e tratamento minimalista con figuras tridimensionais. A súa é unha proposta de vangarda para unha fermosa historia, que está máis alá do tempo e das fronteiras. Ilustracións e texto de Iván Prieto, a partir dun conto popular grego Editorial OQO 2006 tema orixinal de Almudena Janeiro Locutado e producido por Patty Castro en novembro de 2021 para contacontos en galego.
Hijos y educación 2 años
1
0
1.7k
08:06
A princesa do courel,en galego con canción de Almudena Janeiro
A princesa do courel,en galego con canción de Almudena Janeiro
E isto que é? Este é o gato que pillou a pega que roubou o anel da princesa do Caurel. E isto que é? Conto acumulativo clásico, mais cun desenlace e cunha forma de presentación adaptados, que recupera os elementos máis típicos das series que aparecen na tradición europea: gato, can, pau, lume, agua. Con este tipo de contos, os nenos aprenden a establecer conexións, e a partir de aí, a xeneralizaren e mesmo a faceren predicións. Autor , Maria Luisa Nuñez Alvarez (Autor) Javier Solchaga Zubillaga (Ilustrador) música de Almudena Janeiro Gravado e producido por Patty Castro para contacontos en galego mes de febreiro de 2022
Hijos y educación 3 años
2
0
2.4k
03:22
O papón (conto en galego mais canción de Almudena Janeiro)
O papón (conto en galego mais canción de Almudena Janeiro)
A avoa decide prepararlles ás súas tres netas unha sorpresa na bodega: pan con mel (Esquecera que ese era precisamente o xantar preferido do papón). As netas, unha por unha, baixan polas escadas escuras, frías e misteriosas; empurran a porta e… O Papón é un dos «comenenos» máis populares en toda a xeografía do estado Español, e por este motivo, presenta características diferentes segundo a zona. Con todo, hai certos trazos recorrentes que sempre se manteñen nas distintas versións e que nos permiten identificalo: un xigante, cabezón, de aspecto bruto e gran voracidade, que papa os nenos enteiros e sen mastigar. Ao contrario dos outros monstros que actúan sen avisar, o Papón advirte das súas intencións e apercibe da súa voracidade natural. Aqueles que aínda así, ousan achegarse aos lugares que frecuenta, engúleos sen chistar. A identidade do insólito heroe que resolve a situación repítese, en todas as versións, trátase da pequena formiga, presente tamén noutros contos tradicionais de estrutura narrativa similar: A cabra montesa, O zamparrón, etc. A versión de Pablo Albo axústase en boa medida á tradicional, porén, el trata o asunto cunha maior dose de humor e decántase por un desenlace amable e divertido. Namentres, no conto recollido por Aurelio Espinosa (e tamén noutras versións similares documentadas no primeiro terzo do século pasado) o heroe mata o monstro, Pablo Albo opta por unha divertida transformación simbólica do xigante, que acaba por se integrar no mundo ao que pertence o heroe. Deste xeito, o ben triunfa sobre o mal, e grazas á intervención solidaria de varios personaxes cos que se identifica o lector. As distintas denominacións para o «comenenos» en todos os lugares da península, presentan unha etimoloxía transparente: o Papón en Galicia, o Papu en Cataluña…, e todas elas sobreviviron ata os nosos días na memoria. Alén diso, a súa figura empregouse cos nenos con funcións e misións heteroxéneas: para que se portasen ben, para que se deitasen cedo, para que non saísen de noite, para que non se achegasen aos descoñecidos…). A imaxinación, xunto coa necesidade de previr actos temerarios provocou a aparición, no marco da cultura popular, de personaxes como os espantos e asustadores, que chegaron a nós, grazas ás narracións orais transmitidas de xeración en xeración. O carácter universal destes relatos fantásticos débese, entre outras razóns, a que constitúen un valioso complemento para o desenvolvemento infantil. Con eles os nenos poden entender conceptos abstractos dun xeito doado, xa que, os problemas e angustias existenciais preséntanse a través de personaxes populares. Alén diso, os asustadores da infancia conforman un mundo mitolóxico con compoñentes análogos ao mundo mitolóxico dos adultos. O ilustrador Maurizio A. C. Quarello emprega as sombras dun xeito maxistral, en composicións arriscadas, e unha vez máis, deixa constancia tamén aquí, das súas influencias cinematográficas á hora de compoñer os planos. Editorial OQO setembro 2018 Locución realizada por Patty Castro para contacontos en galego
Hijos y educación 3 años
1
0
2.5k
12:47
Titiritesa (conto en galego mais canción de Almudena Janeiro)
Titiritesa (conto en galego mais canción de Almudena Janeiro)
Titiritesa vive no reino de Trasantonte. A súa nai, Mandolina, soña con ver a filla ben casada e tenta educala como unha cortesá refinada. Pero a filla non comparte as aspiracións da súa nai, a raíña, e rexeita esa vida convencional que lle queren impoñer. Ante a inminente chegada dunha institutriz, Titiritesa decide fuxir de palacio para vivir fantásticas e divertidas aventuras: visitar un inventor de palabras, enfrontarse a un terrible monstro, coñecer outra princesa de labios doces… Un conto atrevido que trata a homosexualidade feminina con humor, naturalidade e frescura. En Titiritesa festéxase o amor sen prexuízos, namentres que coa sensibilidade necesaria se lle expón o tema aos lectores infantís e se contribúe á súa educación afectiva. Texto de Xerardo Quintiá Ilustracións de Maurizio A. C. Quarello editorial OQO setembro 2007 Locutado e producido por Patty Castro para contacontos en galego en novembro de 2021
Hijos y educación 3 años
0
0
3.4k
13:02
corre corre cabaciña (conto + canción de almudena Janeiro)
corre corre cabaciña (conto + canción de almudena Janeiro)
Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, mais que aínda non fora editado en galego. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras. Texto de Eva Mejuto, a partir dun conto popular portugués Por último, André Letria, ilustrador de gran prestixio alén do Miño e gañador en varias ocasións do Premio Nacional de Ilustración de Portugal, crea personaxes de gran forza e personalidade, que dota dunha expresividade acentuada e dun imaxinario humorístico ben definido. Editoral OQO publicado en 2016 Música de Almudena Janeiro Locutado e producido por Patty Castro para Contacontos en Galego en outubro de 2021.
Hijos y educación 3 años
1
0
5.1k
05:13
Oso atrapa bolboretas (conto en galego)
Oso atrapa bolboretas (conto en galego)
Oso vivía no bosque. O que máis lle gustaba era andar de paseo, botar unha soneca ao pé do lago e coleccionar cousas que atopaba entre as árbores. Un día apareceu un ganapán no alto dunha rama. —Que podería facer con isto? As aparencias enganan. Ao contrario do que poida parecer, nada teñen que temer as bolboretas deste dispositivo —tan utilizado por coleccionistas para cazalas co obxecto de disecalas— nin de que este caia en mans dun oso cun enorme fociño. Autora :Susanna Isern Ilustradora:Marjorie Pourchet Editora:OQO en 2012 Locutada e producido por Patty Castro para Contacontos en galego en Xullo de 2021.
Hijos y educación 3 años
2
0
2.5k
04:10
Mariluz Avestruz (conto en galego) mais canción
Mariluz Avestruz (conto en galego) mais canción
Mariluz Avestruz ten unha magnífica cola. Pola noite, para non esmagala, dorme coa cabeza enterrada e o rabo ao aire libre. Unha mañá, cando esperta, estira o pescozo e sente que a cabeza non se move. Mariluz dá patadas, dobra os xeonllos, menea o rabo e tira, tira e tira pero a cabeza está atrapada e de aí non se move. Se quere soltarse, non terá máis remedio que pedir axuda. Reminiscencia dun antigo conto ruso de Alexei Tolstoi, confirma que o poder reside na colaboración e no traballo en equipo. Autora:RACHEL CHAUNDLER . Ilustrador:BERNARDO CARVALHO. OQO EDITORA Idioma:Galego 2018 PONTEVEDRA Canción Mariluz Avestruz : Almudena Janeiro do seu libro (contos en cantos) Locución realizada e producida por Patty Castro en Xullo de 2021.
Hijos y educación 3 años
1
0
3k
08:22
Maruxa (conto en galego)
Maruxa (conto en galego)
Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa cosía, varria e labraba. Benito cantaba, folgaba e durmía. Mais un día… Maruxa y Pepiño vivían en la aldea. autora :Mejuto, Eva Ilustradora :Milhões, Mafalda Editora: OQO editora Idioma:Galego Publicado:Pontevedra OQO 2014 Locutado e producido por Patty Castro en Xullo de 2021 para contacontos en galego.
Hijos y educación 3 años
0
0
3k
02:41
cocorico (conto en galego)
cocorico (conto en galego)
Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día que Mamá Galiña vai facer biscoito, o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar. De milagre, Cocorico salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da merenda. Mais, unha vez pasado o perigo, esquece o trato e come o biscoito enteiro. Adaptación dun conto tradicional birmano que fala da necesidade de escoitar os bos consellos, do importante que é cumprir as promesas e da dificultade que supón aprender a compartir. Autora: Núñez, Marisa Ilustradora:Bansch, Helga, editora:OQO editora Idioma:Galego Publicado:Pontevedra OQO 2014 música orixinal de Almudena Janeiro Loutado e producido por Patty Castro para contacontos en galego en Xuño de 2021
Hijos y educación 3 años
2
0
5.5k
07:16
petra (conto en galego)
petra (conto en galego)
A gordura é fermosura!, dicíalle a súa nai, pero a Petra non lle gustaba a imaxe que lle devolvía o espello. Ela quería ser alta, esvelta e elegante, e sería capaz de remover ceo e terra para conseguir un físico diferente. A elefanta que aínda conserva a esperanza de atopar unha solución ao que considera un problema comeza unha viaxe que propiciará un encontro moi especial. Descrición completa Autora:Bansch, Helga Idioma:Galego Publicado:Pontevedra OQO 2014 Locutado e producido por Patty Castro para contacontos en galego en maio de 2021
Hijos y educación 3 años
0
0
1.3k
05:08
Pedra pau e palla
Pedra pau e palla
Un leñador ten tres fillas. Cada vez que o leñador vai ao bosque, deixa un rastro para que elas o atopen sen problemas. Deste xeito, as tres, cando lle levan a comida ao seu pai, van por un carreiro sinalado con pedras, paus e pallas. Mentres, un oso trama un plan para raptalas, e cando volven para á casa, as tres caen na trampa e seguen unha pista equivocada que as leva cara a súa cova. autora:Presunto, Ana ilustrador :Rodés, Josep Editora: OQO editora Idioma:Galego Publicado:Pontevedra OQO 2014 Locutado por Patty Castro para Contacontos en galego en maio de 2021
Hijos y educación 4 años
2
0
2.2k
01:30:13
Bebe Bigotes (conto en galego)
Bebe Bigotes (conto en galego)
Unha vella moi vella e un vello moi vello desexaban ter un bebé, pero non tiñan nin idea de como facelo. Despois de moitos intentos, de experimentaren diversas fórmulas e mesmo de pediren a colaboración de reis e de cegoñas, a velliña tivo unha idea. Autor :Patacrúa Ilustradora :Cimatoribus, Alessandra Etidorial: OQO editora en 😍Galego Pontevedra 2014
Hijos y educación 4 años
1
0
1.7k
02:58
Sígueme
Sígueme
Un elefante gris con lunares morados, que vive nunha selva, namórase dunha formiga negra con cintura de avespa. O seu amor é correspondido, pero para estaren xuntos quédalles un longo camiño por percorrer. Autor :José Campanari Ilustrador: Roger Olmos Publicado: Pontevedra OQO 2014 Idioma: Galego Producido e locutado por Patty Castro para contacontos en galego en abril de 2021
Hijos y educación 4 años
2
0
1.8k
07:34
Rato tom e Rata Tomasa
Rato tom e Rata Tomasa
Rato Tom foi visitar a súa amiga Tomasa. Alegría na celebración! Veña viño, veña touciño e máis viño… e Rato Tom caeu redondo do bidón. Ai que desgraza!, berrou Tomasa. Vestiuse de loito e pechou a casa; e contoulle a súa pena á cociñeira; e a cociñeira á ola; e a ola á fonte... Ata o ceo entristeceu coa nova, mais ao final, algo insólito aconteceu... e todos recuperaron a alegría. Autora: Núñez, Marisa Ilustradora :Alessandra Cimatoribus Editorial: OQO editora Idioma:Galego Publicado:Pontevedra OQO 2014 Locutado e producido en abril do 2021 por Patty castro para contacontos en galego.
Hijos y educación 4 años
1
0
2k
04:40
CHOCOLATA
CHOCOLATA
Chocolata toma o seu baño diario na lagoa. Un día escoita que na cidade hai unha casa de baños, e sae de viaxe coa intención de probala. Para non parecer tan salvaxe, merca un chándal e unhas zapatillas deportivas con luces. Xa está lista para coñecer a vida na cidade. Premio Internacional Literatura Infantil 2007 de la Fundación ESPACE ENFANTS Escrito por Marisa Núñez en 2006 Debuxos Elga Banch en 2006 Editorial OQO, 2014 Edición dixital Exenio Locución e producción de Patty Castro para Contacontos en Galego. 08/04/2021
Hijos y educación 4 años
0
0
3.2k
03:57
También te puede gustar Ver más
Una aventura redonda
Una aventura redonda Cuando se decretó el confinamiento por la pandemia de COVID, en marzo de 2020, los niños del colegio Gabriel García Márquez de Tres Cantos, en Madrid, preparaban una obra de teatro sobre la Primera Vuelta al Mundo para conmemorar su quinto centenario. Era una representación en tres actos que, a través de un viaje en el tiempo, llevaba a los espectadores a conocer cómo se gestó la aventura de Magallanes y Elcano. Una de las primeras cosas en las que pensaron los alumnos fue en que no podrían representar la obra, porque no podrían ensayar y porque el cole no se abriría probablemente hasta el curso siguiente, así que les propusimos convertir el fabuloso texto en una ficción sonora. Les impartimos una formación básica en interpretación de voz y en grabación mediante vídeos que les hacíamos llegar a través de sus profesoras. Les dimos algunos trucos para mejorar la acústica de los espacios en los que debían grabar, para entender a sus personajes y para  configurar los micrófonos de sus teléfonos móviles o sus ordenadores.  Cada uno sonaba distinto, porque lo grabaron en sus cuartos, o en la cocina, en el baño, en la terraza justo después de los aplausos a los sanitarios, en el coche en el garaje… Y todo durante el confinamiento, treinta y dos voces grabadas en treinta y dos lugares distintos con treinta y dos dispositivos diferentes. ¿Tendría calidad suficiente? ¿Habría fluidez en la dramatización, si no podían darse la réplica unos a otros? Pues la verdad es que no nos importaba demasiado, porque lo realmente interesante era que lo hubieran hecho, que se convirtiera para los niños en un reto, en una actividad enriquecedora, novedosa, durante el tiempo que todos permanecíamos encerrados en nuestras casas. Aun así, nos sorprendió el resultado.   Actualizado
Os contos de Xela e Lela
Os contos de Xela e Lela A Xela e a Lela gústalles moito ler e contar contos, e queren compartir con vós os contos que len en galego neste podcast, no que lerán os seus contos favoritos, que seguro que ti tamén estarás desexando ler. Podes escribirnos a [email protected] A música que empregamos é Ataque de Jota, do álbume Kosmogonías de Berrogüetto. Actualizado
Radio Xoven
Radio Xoven Programa realizado polos alumnos do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (A Estrada). Na nosa canle poderás atopar programas de contidos varios, ficción sonora e, desde o curso 2023/24, tamén os debates que facemos na materia de Oratoria. A locución e guionización dos programas está feita sempre polo alumnado. Actualizado
Ir a Hijos y educación