
A figueira de Pelostortos (con canión de Almudena Janeiro) 706sm
Descripción de A figueira de Pelostortos (con canión de Almudena Janeiro) 3l52t
Hai que ter tino co que se promete ás toas, sobre todo, se o que merecemos é un bo escarmento, tal e como lle ocorre ao avaro protagonista deste terrorífico e divertido conto. A coñecida contacontos Ana García Castellano fai unha adaptación deste relato tradicional español con diferentes versións como O tío Pelostortos. Para iso, conta coas ilustracións de Mikel Mardones, o artista bilbaíno, de recente incorporación ao mundo da ilustración infantil. Nesta versión a relación texto-ilustración é claramente favorable ás imaxes, que ocupan a maior parte do conxunto. Deste xeito, Mardones déixanos neste proxecto unha mostra da súa capacidade creativa, xa probada e desenvolvida noutros eidos artísticos. Os seus óleos de grande forza plástica e colorista recréannos un conxunto de imaxes de ambientación naturista. O álbum presenta unha serie de ilustracións de corte clásico, con inclinacións expresionistas e enorme forza expresiva, con abundantes planos medios e espectaculares primeiros planos. Texto de Ana G.ª Castellano Ilustracións de Mikel Mardones Editorial OQO Música de Almudena Janeiro Realizado e locutado por Patty castro en Xuño de 20022 1gb3d
Comentarios de A figueira de Pelostortos (con canión de Almudena Janeiro) 454g30