Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
SONS DE NÓS RadioFusión
Sons de Nós con Narsés Mira 16 de maio de 2025

Sons de Nós con Narsés Mira 16 de maio de 2025 581m15

16/5/2025 · 59:45
0
23
SONS DE NÓS RadioFusión

Descripción de Sons de Nós con Narsés Mira 16 de maio de 2025 34kg

Cando falamos de música pensamos en artistas, intérpretes, o noso grupo favorito, ás veces incluso pasa por un recuncho da nosa imaxinación algún autor ou autora. Pero con total seguridade nunca pasará pola nosa cabeza a inxente cantidade de persoas que teñen que involucrarse no proceso que achega a nós unha canción. Desa parte agochada, moito menos glamourosa que a dos escenarios, encárganse persoas que teñen parte activa no éxito de esas cancións que algún día chegarán a formar parte das bandas sonoras das nosas vidas. Vós sabedes que en Sons de Nós temos un especial empeño en coñecer o que está a cocerse por dentro do noso panorama musical e cultural, porque é importante visualizar todo o que está por detrás e está a facer que, neste momento, existan creadoras e artistas que poñen a música galega e en galego no mapa. Competindo cos algoritmos e coas modas ás veces impostas. Imos acompañármonos hoxe dunha persoa que forma parte de ese backstage, desa parte traseira do escenario na que non se colocan os focos pero que teñen un peso fundamental en que desfrutemos da música, da cultura, acompáñanos Narsés Mira, xerente de Babel de Sons, representante de artistas, Promotor de Eventos Culturais, Produtor e Xestor de Eventos Culturais, consultor en temas culturais e aberto a “todo aquelo que nos queiras propoñer”. Narsés forma parte dese motor silencioso que pon en marcha iniciativas culturais ou que acompañan a creadorxs e artistas “liberándoas” das tarefas que frean a creatividade pero que son imprescindibles para que poidan chegar a nós. 412pl

Comentarios de Sons de Nós con Narsés Mira 16 de maio de 2025 1f736j

Este programa no acepta comentarios anónimos. ¡Regístrate para comentar!