Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Podcast de Proxecto Neo
Podcast de Proxecto Neo
Podcast

Podcast de Proxecto Neo 3t4v3k

405
177

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio Burela O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela. 3i235q

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro.
Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio Burela
O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

405
177
Proxecto Neo 459.14 - Plataforma LOITA, Manuel Núñez Singala, Ugia Pedreira e Alumnado de 1º ESO
Proxecto Neo 459.14 - Plataforma LOITA, Manuel Núñez Singala, Ugia Pedreira e Alumnado de 1º ESO
Entramos nun programa dedicado ás nosas letras e patrimonio cultural. Mais antes falamos con Tamara Campos e María G. Jartín da plataforma LOITA. Con elas conversamos sobre o necesario servizo de Atención Temperá e apoio dado ás familias en canto a dereitos sanitarios dos nenos e nenas, nais e adolescentes na acompañamento sanitario. Inmediatamente a seguir falamos con Manuel Núñez Singala, neofalante, que visitou recentemente a nosa biblioteca grazas o programa Lectura Infinita do Ministerio de Cultura e Deportes. O alumnado de 4º ESO PDC reaccionou co dramaturgo en micro aberto após o encontro literario mantido en torno a súa obra teatral "Comedia bífida". No mes pasado celebramos as nosas letras e por este motivo tivemos connosco a Ugia Pedreira, cantaautora de Vilaronte. Con ela, falamos de tradicións e das expectativas en torno ao obradoiro que ía manter co alumnado de 1º de ESO. Xa para rematar, Lucía Fernández, profesora de Lingua Galega, partilla co seu alumnado o traballo realizado na materia de Proxecto Competencial sobre as cantareiras, a nosa tradición oral e a confección de pandeiretas con material de refugallo.
Idiomas 1 semana
0
0
31
01:02:14
Proxecto Neo 458.14 - Especial Radio Saúde Burela
Proxecto Neo 458.14 - Especial Radio Saúde Burela
Entraremos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado a Actividade física e a Atención temperá A primeira das entrevistas é con Rosa Fraga, pedagoga especializada en Atención Temperá. Con ela conversamos sobre os servizos ofrecidos pola unidade de atención temperá co obxectivo de dar apoio ao desenvolvemento infantil e á inclusión sociofamiliar. Inmediatamente a seguir falamos con Iván Cao Valle, coñecido como Lucas. El é o técnico de deportes no concello de Burela. Con Lucas conversamos para sabermos mais sobre as actividades deportivas ofrecidas polo concello de Burela. Na parte final toma a palabra Catalina Caamaño, coordinadora da Estratexia de Promoción e Saúde do Concello de Burela para facer balance das actividades levadas a cabo durante todo o ano.
Idiomas 1 semana
0
0
23
58:57
Proxecto Neo 457.14 - Especial Expomar
Proxecto Neo 457.14 - Especial Expomar
Traemos un programa dedicado a Expomar. Na primeira entrevista Ruth e Ana, alumnas do Ciclo Medio de Xestión istrativa conversan con Brais, xerente de Expomar. Na segunda entrevista o alumnado de 4º ESO PDC entrevista a Miguel Neira Pérez, xerente de ABSA, a empresa que xestiona a lonxa de Burela. O terceiro entrevistado foi Sergio López García, xerente da Organización de Produtores Pesqueiros do porto de Burela. Con el falou o alumnado de 3º ESO PDC.
Idiomas 2 semanas
0
0
30
01:02:06
Proxecto Neo 456.14 - Lupe Blanco, Galefusión e Manuel Rivero
Proxecto Neo 456.14 - Lupe Blanco, Galefusión e Manuel Rivero
Na primeira entrevista da tarde conversamos con Lupe Blanco. Regueifeira de Coristanco que pratica a arte da improvisación oral. Inmediatamente despois Andrea Maseda e Asier Oroza, dous compañeiros do IES Monte Castelo de Burela viñeron falarnos de Galefusión, un proxecto de dinamización linguística. Xa na última parte do programa recibimos novamente a Manuel Rivero para falarmos do seu novo libro sobre Lola Arribe, unha docente, política e escritora galega reintegracionista.
Idiomas 3 semanas
0
0
34
01:03:47
Proxecto Neo 455.14 - Especial Mar: Balbino Trelles, Santiago Rivera Lestegás e Antonio Abad López
Proxecto Neo 455.14 - Especial Mar: Balbino Trelles, Santiago Rivera Lestegás e Antonio Abad López
Traemos un programa dedicado ao mar e aos mariñeiros. Un tema moi vinculado a Burela. Na primeira entrevista o alumnado de 4º ESO PDC conversa con Balbino Trelles. Con este mariñeiro xubilado falamos sobre como era a vida nun barco e a importancia de coñecer ben o mar e as rochas. Na segunda entrevista o alumnado de 3º ESO PDC foron ata a Moncloa de Burela para entrevistarse con Santiago e Antonio para falar das súas experiencias e aprendizaxes a volta do mar.
Idiomas 1 mes
0
0
28
01:08:56
Proxecto Neo 454.14 - Especial Radio Sáude Burela
Proxecto Neo 454.14 - Especial Radio Sáude Burela
Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e a Pílula das ciencias, e co podcast de "Aulas sen fume" do alumnado de 1º de ESO A. Chegamos ao último programa do mes cunha nova entrega de Radio Saúde Burela. Nesta ocasión o tema é a saúde mental e emocional. Con Cristina Lastra, psicóloga especialista en psicoloxía clínica na Unidade de Saúde Mental de Burela, conversamos sobre como a psicoloxía clínica pode axudar a mellorar e recuperar a saúde emocional. A segunda entrevistada é Yolanda Fernández, profesora de ciclos formativos no IES Perdouro, coa que falamos de educación emocional dentro dos centros de ensino como ferramenta para lograr o bem-estar emocional do alumnado.
Idiomas 1 mes
0
0
40
01:00:35
Proxecto Neo 453.14 - Especial día do libro / Raquel Miragaia
Proxecto Neo 453.14 - Especial día do libro / Raquel Miragaia
Neste programa especial Día do Libro, tivemos varias suxestións e recomendacións literarias. Falamos dos clubes de lectura. Na parte central do programa conversarmos con Raquel Miragaia sobre a reedición do seu primeiro romance: "Diário Comboio". Xa parte final contamos, "Un libro en 10 minutos", un podcast realizado polo alumnado de literatura universal de 1º de Bach B.
Idiomas 1 mes
0
0
41
01:03:24
Proxecto Neo 452.14 - David Rial Bello e Blas Valleres
Proxecto Neo 452.14 - David Rial Bello e Blas Valleres
No pasado día 6 de abril celebrábamos o Dia do Deporte e por iso hoxe falamos con David Rial Bello, adestrador do Burela FS. A seguir viaxamos ate Valencia para conversarmos con Blas Valleres, profesor de Historia do IES Berenguer Dalmau de Catarroja. Con el falamos da situación en que se encontran despois da Dina.
Idiomas 2 meses
0
0
57
01:01:07
Proxecto Neo 451.14 - Intercambio a Francia, FP Innova, Semana do Ben Estar
Proxecto Neo 451.14 - Intercambio a Francia, FP Innova, Semana do Ben Estar
Nesta ocasión viaxamos ate Francia para conversarmos con Sara Villarquide e Hugo Fernández, dous integrantes da masa coral Modelo Burela e a súa profesora Karina Parga. Con eles conversamos sobre o intercambio que realizaron nas semanas pasadas co Collège Le Landry en Rennes, na Bretaña. Con eles tamén viaxamos ate París para que nos contem que visitaron e que foi o que mais lles gustou. A seguir conversamos co alumnado do ciclo básico de Servizos istrativos e a súa profesora Ana Patricia Anaya para sabermos mais sobre a participación do IES Perdouro en FP Innova, feira de mostra de formación profesional. Xa na parte final do programa conversamos con Yolanda Fernández e Javier Rouco, profesores no IES Perdouro, sobre as actividades realizadas durante a semana do benestar levada a cabo neste centro.
Idiomas 2 meses
0
0
49
01:03:42
Proxecto Neo 450.14 - Programa Especial Saúde
Proxecto Neo 450.14 - Programa Especial Saúde
Temos unha nova entrega de Rádio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado ao Plano de Obesidade. A primeira das entrevistas será con Alicia Rama García, traballadora social e Cristina Varela Penas, terapeuta ocupacional. Ambas, traballan na Rede Galega de Promoción de Saúde (REGAPS) sendo as Responsables da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. Con Alicia Rama e Cristina Varela conversaremos sobre unha das grandes pandemias do século XXI: a Obesidade. Inmediatamente a seguir falaremos con Catalina Caamaño Isorna, farmaceutica do Centro de Saúde de Burela. Con Catalina Caamaño conversaremos para sabermos mais sobre o papel dos medicamentos no tratamento da obesidade.
Idiomas 2 meses
0
0
28
01:00:22
Proxecto Neo 449.14 : MEL do TREVO
Proxecto Neo 449.14 : MEL do TREVO
Os espazos colaborativos (A Noticia do Dia e Pilula das ciencias) abriron o programa 449 de Proxecto Neo. Inmediatamente a seguir viaxamos ate Viana do Bolo para conversarmos con Xulio Vizcaya e Ester Veiga, responsábeis de Mel do Trevo. Na primeira parte da entrevista conversamos co Xulio e a Ester sobre as súas orixes e o seu percurso vital e laboral. Na segunda parte abordamos como xurdiu o seu proxecto como apicultores. Falamos sobre os trámites necesarios para arrancar e de como evoluiu o proxecto.
Idiomas 2 meses
0
0
59
01:01:49
Proxecto Neo 448.14: Cristina Palacios Castro, Intercambio Xinzo de Limia, Viaxe ao Parlamento Europeo
Proxecto Neo 448.14: Cristina Palacios Castro, Intercambio Xinzo de Limia, Viaxe ao Parlamento Europeo
A primeira das entrevistas é con Cristina Palacios Castro, traballadora social e docente, foi unha das fundadoras da Asociación Arelas coa que falamos de Arelas, asociación de familias de menores e mocidade Trans de Galicia que naceu en xullo de 2015 para loitar polos dereitos e dar a coñecer a realidade das crianzas e mocidade trans, nunha comunidade autónoma onde esta realidade permanecía agochada e invisibilizada. Inmediatamente a seguir falamos da primeira etapa do intercambio de lingua galega do IES Perdouro. O alumnado de 2º de ESO coñeceu os seus homólogos do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia. Xa na parte final do programa viaxamos ata o Parlamento europeu da man da Érica e da Nádia, dúas integrantes da massa coral Modelo Burela. Con elas conversamos sobre a intervención dos seus compañeiros do IES Monte Castelo que participaron nese espazo de representatividade da UE dentro do programa Euroescola.
Idiomas 2 meses
0
0
45
01:03:14
Proxecto Neo 447.14: Radio Saúde Burela; Cristina Cayón Pardo e Ana Fernández
Proxecto Neo 447.14: Radio Saúde Burela; Cristina Cayón Pardo e Ana Fernández
Nova entrega do programa especial de Radio Saúde Burela, desta vez dedicado ás Relacións Saudábeis. Mais antes de empezar coa sección das entrevistas, comezamos coma sempre o programa con tres espazos colaborativos: A Noticia do Día, un Entroido libre de plásticos e a Pílula das ciencias. A primeira das entrevistas foi con Cristina Cayón Pardo, a psicóloga do CIM de Burela, coa que conversamos sobre a importancia de detectar os sinais dunha relación tóxica. Inmediatamente a seguir falamos con Ana Fernández, matrona do centro de saúde de Burela e Ribadeo. Con ela conversamos para sabermos mais sobre saúde sexual. Aprendemos cales son as chaves para termos unha relación saudábel, respectuosa e segura co noso corpo.
Idiomas 3 meses
0
0
65
01:03:03
Proxecto Neo 446.14: Antonio Reigosa, Mónica Pazos, Fernando Losada
Proxecto Neo 446.14: Antonio Reigosa, Mónica Pazos, Fernando Losada
Como temos por costume, comezamos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Día. Inmediatamente a seguir atendeunos ao teléfono Antonio Reigosa para falarmos dos 20 anos do Portal Galicia Encantada. Tamén falamos con Mónica Pazos, docente de Lingua e Literatura no Instituto Monte Castelo, en Burela. Con ela falamos sobre a convocatoria de Queremos Galego prevista para o próximo domingo día 23 de febreiro. Xa na parte final do programa conversamos co profesor de Bioloxía Fernando Losada con motivo da recente participación do alumnado do Perdouro nas Olimpíadas de Xeoloxía. Finalizamos o programa cunha pequena crónica da experiencia.
Idiomas 3 meses
0
0
42
01:00:04
Proxecto Neo 445.14: Radio Saúde Burela; Juan José Eiroa; Daniel Esteban Mejía; Arantxa Miguel.
Proxecto Neo 445.14: Radio Saúde Burela; Juan José Eiroa; Daniel Esteban Mejía; Arantxa Miguel.
Entraremos nun novo programa especial de Radio Saúde Burela, desta vez dedicado aos tres eixos básicos para termos unha boa saúde: o exercicio físico, a alimentaçión e o sono. A primeira das entrevistas foi co médico Juan José Eiroa Bermudez, actualmente residente de terceiro ano de Medicina Familiar e Comunitaria no Hospital de Burela.Con Juan José Eiroa conversamos sobre a importancia da actividade física para a nosa saúde. Inmediatamente a seguir falamos con Daniel Esteban Mejia, cirurxán residente de primeiro ano en Medicina Familiar e Comunitaria na área sanitaria da Mariña.Con Daniel Esteban abordamos a importancia dunha boa alimentación para estarmos saudables. Xa na parte final do programa acompañounos no estudio Arantxa Miguel, médica do centro de saúde de Burela. Con Arantxa Miguel analizamos importancia do sono para o noso ben-estar físico e mental.
Idiomas 3 meses
0
0
48
01:03:18
Proxecto Neo 444.14: Sara Freijedo, Luis Ramilo e Marta Castro
Proxecto Neo 444.14: Sara Freijedo, Luis Ramilo e Marta Castro
Abrimos o programa cos espazos colaborativos A Noticia do Día, Horrorgrafía, Crónica dunha viaxe. Esta vez por Lugo e a súa arte urbana da man de Guido Álvarez Parga. Entrevistamos a Sara Freijedo dende Ourense. Unha nena de 9 anos que partilla as súas aficións. Despois de falarmos con esta aluna neofalante, conversaremos com Luis Ramilo sobre a reinterpretación da canción "Fábula dos coellos" de Ismael Serrano. Falou deste proxecto colaborativo levado a cabo polo Centro de Educación Especial Saladino Cortizo de Vigo, o IES Terra do Xallas de Santa Comba (A Coruña) e o IES Perdouro de Burela. Xa na parte final do programa conversamos con Marta Castro Alba, profesora de Lingua e Literatura galega que este ano está no IES Perdouro.
Idiomas 4 meses
0
0
58
01:01:30
Proxecto Neo 443.14: Manuel Mella e Tiziana Martínez (IES Marco Camballón); Iria Guerra Pérez; Amauri Cavalcante Pereira
Proxecto Neo 443.14: Manuel Mella e Tiziana Martínez (IES Marco Camballón); Iria Guerra Pérez; Amauri Cavalcante Pereira
Como temos por costume, esta tarde abrimos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Dia. A seguir ouvimos a colaboración que nos enviaba o profesor Fernando Losada sobre o obradoiro de minerais impartido polo xeólogo Fran Canosa, o pasado dia 15 de xaneiro, no Perdouro. Imediatamente depois entramos na primeira entrevista da tarde onde conversamos con Manuel Mella e Tiziana Martínez Vallenilla, alunos do IES Marco do Camballón que están a participar na elaboración de unha antoloxía de cancións que son poemas. Despois de falarmos con estes dous alunos neofalantes, viaxamos a Viana do Bolo para falarmos con Iria Guerra Pérez, a neta de Nene. Conversamos con ela sobre a semente que deixou o seu avó. Xa na parte final do programa, o protagonista foi Amauri Cavalcante Pereira, alumno de 1º do Ciclo Medio de Xestión istrativa. Con Amauri Cavalcante conversamos sobre como foi a súa chegada do Brasil á Mariña con só 11 anos. Falamos tamén de como foi a sua recente viaxe ao Brasil depois de estar tanto tempo fora.
Idiomas 4 meses
0
0
76
58:41
Proxecto Neo 442.14: Paco Rivas; Xosé Constenla; Lucía Fernández.
Proxecto Neo 442.14: Paco Rivas; Xosé Constenla; Lucía Fernández.
Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Dia. A seguir conversamos con Paco Rivas, filólogo e escritor, orixinario de Cervo; e residente en NOIS. Con Paco Rivas conversamos sobre o seu último libro de haikus, poemas breves de orixe xaponesa. Despois de falarmos con Paco Rivas, viaxamos á montaña do Vicedo, No lugar do Xestoso, coñecemos o famoso teatro e tamén un artista convidado. O Teatro das Cortes consolidouse en 2024 como centro de interese cultural. Alí estivo o cantautor Xosé Constenla, con quen falou Bernardo Penabade, nunha entrevista improvisada. A protagonista do terceiro dos contidos foi Lucía Fernández, profesora de Lingua e Literatura Galega no Perdouro. Conversamos con ela e os seus alunos Uxía Cabarcos, Jorge Melo e Daniel Vázquez Longarela sobre un proxecto moi especial que están levando a cabo os alunos de 1º da ESO. Lucía Fernández (a profesora) e estes estudantes de 1º de ESO explicarannos este proxecto centrado nas cantareiras homenaxeadas co motivo do Día das Letras Galegas 2025. Falamos tamén de como está a ser o proceso de creación dunha pandeireta con material de refugallo coa colaboración do profesorado e alumnado do Ciclo de Mecanizado. Na parte final da entrevista abordamos cal é a meta deste proxecto tan ambicioso, que no mes de maio acabará coa interpretación dunhas coplas.
Idiomas 4 meses
0
0
51
01:02:24
Proxecto Neo 441.14: Viagem a Cabo Verde con Bernardo Penabade
Proxecto Neo 441.14: Viagem a Cabo Verde con Bernardo Penabade
Esta tarde tivemos un programa moi especial dedicado a Cabo Verde. Neste primeiro programa do ano 2025, conversamos con Bernardo Penabade sobre a súa viaxe a Cabo Verde no pasado mes de novembro. Conversamos con el sobre o ámbito do ensino e da cultura, tanto musical como literária, deste país lusófono. Acompañamos o seu percurso polas illas deste arquipélago para coñecermos un pouco mellor a cultura caboverdiana. Souberemos a súa impresión sobre o funcionamento das escolas de ensino primário de Porto Mosquito e Gouveia, a escola de ensino secundário do Salineiro e, aínda, da escola de Hotelaria e Turismo, onde desfrutou dun almorzo e ofreceu unha palestra sobre as migrações. Finalmente falamos sobre a súa visita á Universidade de Cabo Verde e a palestra que ali ofereceu. Tamén conversamos sobre o seu encontro persoal co Presidente da República, após a asistencia ao lanzamento do seu libro. Falamos tamén da súa visita a Achada Falcão, símbolo da resistencia camponesa; xénese da independencia de Cabo Verde. Xa na parte final do programa abordamos o ámbito literario através dos seus encontros con Analina Rocha e Joaquim Arena.
Idiomas 5 meses
0
0
56
01:04:31
Proxecto Neo 440.14: Radio Saúde Burela: Consellos para unhas festas saudables.
Proxecto Neo 440.14: Radio Saúde Burela: Consellos para unhas festas saudables.
Abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia do DÍA e Horrografía. Xusto a seguir iniciamos o último programa do mes cunha nova entrega de Radio Saúde Burela que esta tarde puxo o foco en orientarnos para podermos gozar dunhas festas responsables. O fereceunos a visión panorámica Maite Lanza, da Unidade de Drogodependencia, e colaboradora habitual do programa. Con Maite Lanza falamos sobre o traballo que desenvolve esa Unidade no ámbito da Mariña. Inmediatamente a seguir, falamos con Montserrat Corral Varela, profesora de Neuro Psicoloxía na faculdade de Psicoloxía, na Universidade de Santiago. Coa Doutora Corral abordamos como afecta o consumo de drogas ao cerebro, principalmente na adolescencia. Xa na parte final, tamén nos acompañou no estudio José Luis Fernández Fernández, médico de familia no Hospital da Costa. O Doutor Fernández falaounos dos riscos directos e indirectos para a saúde provocados polo consumo de diferentes drogas.
Idiomas 5 meses
0
0
53
01:01:27
Más de Proxecto Neo Ver más
Entrevistas
Entrevistas Actualizado
Ricardo Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero Obradoiro de leitura dedicado a Scórpio, romance de Ricardo Carvalho Calero. Actualizado
También te puede gustar Ver más
Como Aprender Inglês com Mairo Vergara
Como Aprender Inglês com Mairo Vergara Aprenda a estudar inglês (e também outros idiomas) de forma simples e eficiente com as dicas e método do professor Mairo Vergara. e o nosso site: www.mairovergara.com Actualizado
Entrevistas
Entrevistas Actualizado
Tupper
Tupper Programa de entrevistas e concursos da EOI de Vilagarcía. EOIVGA Actualizado
Ir a Idiomas