Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Mariña Marabillosa
Mariña Marabillosa
Podcast

Mariña Marabillosa 4la12

Por peino
16
22

Programa de promoción turística da Mariña Lucense emitido semanalmente por Radio Burela, Radio Valadouro e Radio Foz 462n15

Programa de promoción turística da Mariña Lucense emitido semanalmente por Radio Burela, Radio Valadouro e Radio Foz

16
22
MARIÑA MARABILLOSA 16: 'Barreiros'
MARIÑA MARABILLOSA 16: 'Barreiros'
Rematamos os 16 programas falando do concello de Barreiros. Estiveron connosco o Alcalde, Alfonso Fuente; Sandra Amieiro, do Arco da Vella; Tamara e Melody, de Ollomao; Belén Antolín e Toño Folgueira, de Mar e Monte; Mari Paz, Presidenta da Coral Polifónica de Barreiros, e Alfonso, do Club Prais de Barreiros de fútbol sala. Falamos co actor Antonio Mourelos, que veranea en San Miguel, e repartimos agasallos en forma de estancias en A Lume Manso e Hotel O Vendaval.
Mundo y sociedad 6 años
0
0
97
02:44:09
MARIÑA MARABILLOSA 15: "Trabada"
MARIÑA MARABILLOSA 15: "Trabada"
No penúltimo programa de Mariña Marabillosa falamos de Trabada, un concello pequeno e montañoso, pero tamén fermoso. Falamos con Mayra García, a súa Alcaldesa; con Israel Edrosa, Presidente da Asociación Cultural O Picato; con Salvador Díaz-Echevarría, propietario de Casa Quitapenas; con José María Portela, antigo músico da famosa Banda de Vidal, con Daniel Villapol, coñecido madeirista de Trabada, e con Celso Currás, antigo Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia.
Mundo y sociedad 6 años
1
0
54
02:28:05
MARIÑA MARABILLOSA 14: "Ribadeo"
MARIÑA MARABILLOSA 14: "Ribadeo"
Do concello veciño do río Eo falamos con Fernando Suárez Barcia, o Alcalde; con José Ramón Branco (propietario de "Terra Branca"); con Hugo García Presno (Director da Escola de Música), con Ana Vázquez (Presidenta do Ribadeo CF). Tamén falamos con Cristina Torviso, propietario do hotel Mi Norte de Ribadeo, que regalaba unha estancia para dúas persoas.
Mundo y sociedad 6 años
1
0
44
02:12:03
MARIÑA MARABILLOSA 13: "O Valadouro"
MARIÑA MARABILLOSA 13: "O Valadouro"
Para fañar dp Valadouro tivemos connosco a Edmundo Maseda (Alcalde), Eduardo Chao (Concelleiro de Cultura), Luís Maseda (Concelleiro de Medio Rural), Marifé Sixto (Mel O Trobo), Simón Rubal (Motoclub), Miguel Vila (xornalista, escritor e gastrónomo), María Hermida (Hotel Vila do Val) e Enrique Geada (unión de empresarios APRODECO).
Mundo y sociedad 6 años
1
0
54
03:20:53
MARIÑA MARABILLOSA 12: "Lourenzá"
MARIÑA MARABILLOSA 12: "Lourenzá"
Percorrido polo concello de Lourenzá: cultura, economía, festas, xente, monumentos, marabillas... Falamos con Manuel Arango, Tenente de Alcalde, con xente da Asociación Osorio Gutiérrez, Terras da Mariña... Conversamos con Vidal Martínez Sierra e Miguel Gavín, cos teatreiros de Os Trangalleiros. Falamos da importancia da música no pasado do concello e das actividades da ACIAL. Analizamos a faba, produto gastronómico estrela. Escoitamos música de Lino Rico e outros.
Mundo y sociedad 6 años
0
0
62
02:50:07
MARIÑA MARABILLOSA 11: "Foz"
MARIÑA MARABILLOSA 11: "Foz"
Sobre Foz falamos co seu Cronista Oficial, Suso do Bahía. Co Conde de Fontao, volcado co concello onde ten o seu pazo. Cos teatreiros Toñita García, José Ramón Vila e Marcos Fernández. Coas compoñentes das comparsas Lucía e Sofía (Farangullas), Ana e (Sen Xeito) e Nuria (Ruxe Ruxe)., co ex alcalde Pepe Ribera, Presidente do Club Deportivo Foz e propietario do Illa Nova Hotel. E tamén con Moncho e Mari, da confitería Anduriña, e con Suso Casabella, da comunidade de veciños de Cangas.
Mundo y sociedad 6 años
0
0
56
03:31:46
MARIÑA MARABILLOSA 10: "Mondoñedo"
MARIÑA MARABILLOSA 10: "Mondoñedo"
Falamos da vila episcopal, da antiga capital da provincia que abarca A Mariña, coa súa Alcaldesa, Elena Candia; con Paco Piñeiro (home da cultura), Antonio Reigosa (Cronista Oficial), José Bello (Reitor do Seminario), Carlos Folgueira (Príncipe das Tartas), Reme Espantoso (deseñadora), Luís Fernández Ansedes (propietario de Finca El Remanso, que regalou unha estancia)
Mundo y sociedad 6 años
0
0
40
02:42:48
MARIÑA MARABILLOSA 9: "Cervo"
MARIÑA MARABILLOSA 9: "Cervo"
Programa de promoción turística dedicado ó concello de Cervo, coa presenza do seu Alcalde, Alfonso Villares; Francisco Fra, carpinteiro de ribeira; Paco Piñeiro, home do teatro e da cultura, Alberto Moreda, responsable de márketing de Sargadelos; Alberto, organizador do Festival Gadélica; Rafa Blas, de Airiños do Xunco, e David Cal, mellor medallista olímpico español, que adestrou uns anos en Cervo.
Mundo y sociedad 6 años
0
0
38
02:46:17
MARIÑA MARABILLOSA 8: "Ourol"
MARIÑA MARABILLOSA 8: "Ourol"
Pequeno concello do occidente mariñán. Para coñecer cousas sobre el falamos con José Luís Pajón, o Alcalde, con Pacolo, o Concelleiro de Turismo; con Sandra, do Mesón A Garita; con Esmeralda, do grupo de teatro de Bravos; con Maricarmen, da asociación cultural Aturuxo; con José Antonio Carballido, veciño polifacético; con Melita, a única muller taxista do concello; con Carlos, Presidente da Asociación de Veciños de Bravos, e con Arís, responsable do fútbol no concello.
Mundo y sociedad 6 años
0
0
69
02:43:10
MARIÑA MARABILLOSA 7: "Vicedo"
MARIÑA MARABILLOSA 7: "Vicedo"
Falamos das belezas do Vicedo, o concello máis occidental da Mariña Lucense, co seu alcaldde, Xesús Novo; co técnico de turismo Hugo; coa recanteira Lara Rodríguez; coa artista polifacética Andrea Pereira; coa xente do fútbol Domingo, Alberto e Saúl, e co xornalista afincado no Vicedo Ernesto Sánchez Pombo. Tamén agasallamos cunha cea ou comida no restaurante O Asador de Viveiro e falamos con Enrique, o seu encargado. A música foi da asociación "Os do 21" e con Lara Rodríguez.
Mundo y sociedad 6 años
1
0
61
02:25:43
MARIÑA MARABILLOSA 6: "Alfoz".
MARIÑA MARABILLOSA 6: "Alfoz".
No centro de poder do lendario Mariscal Pero Pardo de Cela atópase o castelo do Castrodouro, orixe do concello de Alfoz. Co Alcalde, Jorge Val, co Concelleiro de Turismo, Xabier Pardiñas, e con veciños implicados en diversas facetas culturais do concello, falamos do que se fai e do que hai en Alfoz. Tamén contamos coa presenza do famoso actor Manuel Lourenzo, que veranea sempre en Vilaúde. E regalamos unha estancia en Casa Fandín, da Devesa, que nesta ocasión se foi para unha votante de Vilaronte.
Mundo y sociedad 6 años
0
0
74
02:41:21
MARIÑA MARABILLOSA 5: "Viveiro"
MARIÑA MARABILLOSA 5: "Viveiro"
Hoxe falamos de Viveiro con moita xente. A Concelleira de Turismo, Sol Rey, estivo connosco, e taménVíctor Valenzuela, Presidente do Centro Comercial Histórico de Viveiro, e Teresa Penabad, Presidenta da Coral Alborada de Viveiro. Por teléfono falamos coa Alcaldesa, María Loureiro; con Jose Pereira, do Hotel Las Sirenas; con Eduardo Míguez, Director Adxunto do Porto de Celeiro e con Toñito de Soomede, o noso reporteiro particular. Hoxe falamos da terra do Landro.
Mundo y sociedad 6 años
0
0
61
02:03:05
MARIÑA MARABILLOSA 4: "Burela"
MARIÑA MARABILLOSA 4: "Burela"
Co Alcalde de Burela, Alfredo Llano; cos Concelleiros de Turismo e Cultura, Ramiro Fernández e Jose Díaz; con xente da ACIA (Pablo Palou), do colectivo caboverdiano (Antonina Semedo), da Escola de Música (Irina Simkina), da Asociación Cultural Ledicia (Rocío Rivera) e co propietario de Casa Miranda (José Manuel Prieto), conversamos sobre Burela, coñecémola, e repartimos agasallos que demostran que a nosa Mariña é marabillosa.
Mundo y sociedad 6 años
0
0
48
02:16:04
MARIÑA MARABILLOSA 3: "A Pontenova"
MARIÑA MARABILLOSA 3: "A Pontenova"
Multitude de veciños da Pontenova, uns en persoa e outros vía telefónica, demostráronnos co seu testemuño que a implicación da cidadanía neste concello é algo irable. Todos loitan unidos por conseguir o progreso e as melloras no seu concello. Falamos de natureza, de motor, de deportes, do río Eo e de moitas cousas máis. E regalamos unha nova estancia, nesta ocasión na Casona da Labrada, situada entre A Pontenova e Taramundi, na veciña Asturias
Mundo y sociedad 6 años
1
0
117
02:23:38
MARIÑA MARABILLOSA 2: "Riotorto"
MARIÑA MARABILLOSA 2: "Riotorto"
Coñecemos o concello de Riotorto, da man de Clemente, o seu alcalde; Marta, a súa técnica de emprego; o ferreiro Manolo; a pasteleira Tere; Cecilia, Directora da Coral do concello, e Luís Iglesia, famoso actor e cantante galego, veciño de Riotorto. A famosa tarta de améndoa, as cascadas, as paisaxes, a igrexa vella de San Pedro, o Castro da Coroa... e moitas cousas máis. E, sobre todo, o traballo dos ferreiros, fonte de riqueza, arte e tradición.
Mundo y sociedad 6 años
0
0
85
02:04:49
MARIÑA MARABILLOSA 1: "Xove"
MARIÑA MARABILLOSA 1: "Xove"
Comezamos a nosa andaina turística pola Mariña Lucense da man das tres emisoras locais: Radio Burela, Radio Valadouro e Radio Foz. Un primeiro programa no que falamos das marabillas que hai no concello de Xove, un concello mariñán por excelencia, a medio camiño entre Burela e Viveiro, un paraíso natural con moita historia.
Mundo y sociedad 6 años
0
0
106
01:58:59
Más de peino Ver más
Profundidades
Profundidades Programa que analiza sentimientos, circunstancias, miedos, potencialidades, etc. da la persona humana Actualizado
Radio Burela
Radio Burela Actualizado
Mariña Marabillosa Revista Semanal
Mariña Marabillosa Revista Semanal O primeiro sábado de cada mes, pola tarde, facemos un repaso de diversos temas relacionados cos 16 concellos da Mariña Lucense, falando cos correspondentes de cada un deles e con outros veciños que teñan algo que contarnos. Actualizado
También te puede gustar Ver más
Los brazos del Mediterráneo
Los brazos del Mediterráneo Nicolás Castellano vivió a bordo del Astral durante quince días para traernos las historias de los siete tripulantes que son la única esperanza que les queda a aquellas personas que se lanzan al Mediterráneo en busca de una vida. Actualizado
Radio Burela
Radio Burela Actualizado
Pasarse da raia
Pasarse da raia Despois de cinco anos informando para a CRTVG desde Portugal, Alberto Mancebo cruza a fronteira dos podcast en Pasarse da raia. En cada capítulo navegará polo Miño e paseará pola raia seca para contar as historias das que non sempre tivo tempo de falar nos programas informativos. Historias persoais dos arraianos, as conexións máis singulares entre Galicia e Portugal, desmontar mitos e estereotipos... Falar claro do que une e separa aos irmáns da eurorrexión sempre a punto de pasarse da raia. Actualizado
Ir a Mundo y sociedad