iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
Informativos 2v425l
3.173
262
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h. 501634
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino | Clausura V Congreso EducODS
Episodio en Informativos
A concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, fixo esta mañá balance positivo do que foi a quinta edición do Congreso EducODS que impulsa o CEIP nº1 de Tui, e no que participaron 21 centros educativos. Conversamos con ela dende o acto de clausura.
03:06
Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo | Presenza na Semana Verde de Silleda
Episodio en Informativos
O Concello de Tui está presente até este domingo na 47ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia que foi inaugurada onte en Silleda. A cidade conta cun posto propio e no da Eurocidade Tui-Valença. A concelleira de Turismo tudense, Ana Núñez, explicou como foi a primeira xornada e as actividades que se desevolverán nesta feira.
08:30
Ent. Rubén López, director do Conservatorio de Tui | Concerto de Fin de Curso
Episodio en Informativos
Ao redor de 80 alumnos e alumnas do Conservatorio de Tui participarán no concerto de fin de curso que terá lugar esta tarde, ás 20.00 horas, no Teatro Municipal. Unha cita musical na que se interpretará un repertorio moi variado e que ten entrada de balde. Así nolo contou hoxe o seu director, Rubén López. Tamén se referiu á participación deste centro de ensinanzas musicais no Congreso EducODS.
02:22
Noticias 13.30 h | Xoves, 5 de xuño de 2025
Episodio en Informativos
Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Do 16 ao 20 de xullo celébrase o IKFEM Festival Tui-Valença - Terceira xornada do congreso EDUCODS no claustro do Seminario Menor de Tui e no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela - Esta tarde o alumnado do Conservatorio de Tui realiza o seu concerto de fin de curso no Teatro Municipal - A exposición O Herbario de Rosalía pode visitarse en Tui - A próxima semana realizarase unha visita ao Arquivo Municipal tudense - Este sábado celébrase o Festival de Primavera de Canto Coral e Música Tradicional organizado pola Coral San Telmo e o XXIII Festival Folclórico de San Antón organizado pola Asociación Cultural Aloia - A obra de teatro “O amor non ten idade” inaugura este sábado o Mes Cultural en Paramos - Información deportiva
28:41
Ent. Francisco Peña, escritor | Presentación "Rumbo á saúde ambiental planetaria e a un mundo novo"
Episodio en Informativos
Hoxe mércores ás 20 h na Sala Félix Rodríguez terá lugar a presentación do libro "Rumbo á saúde ambiental planetaria e a un mundo novo: as claves para afrontar as grandes ameazas do século XXI", por parte do seu autor Francisco Peña. Esta presentación forma parte da programación de Tui en Letras. Co autor conversamos hoxe sobre o propósito deste libro.
07:08
Ent. Iván Alonso, padeeiro tudense | Campionato de Europa de Maratón de Piragüismo
Episodio en Informativos
O tudense Iván Alonso compite dende mañá até o domingo no Campionato de Europa de Maratón de Piragüismo que se celebra en Ponte de Lima. Comezará mañá coa distancia en K1, o sábado na distancia longa, tamén en K1, e o domingo no K2 con Adrián Martín. Hoxe contounos como afronta a competición e como é o circuíto.
04:33
Noticias 13.30 h | Mércores, 4 de xuño de 2025
Episodio en Informativos
Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13:30 h: - O paro rexistra en Tui a cifra máis baixa dos últimos dez anos con 889 persoas, 39 menos que no mes de maio - Carmen Núñez, voceira do BNG, fai balance do pleno ordinario celebrado a pasada semana - Continúa o Congreso EDUCODS no Paseo da Corredoira - Antonio Orozco, Rita Rocha, James Rhodes, Milhanas, Fillas de Cassandra, Perico Sambeat e a Orquestra Jazz de Matosinhos actuarán no IKFEM Festival Tui-Valença que se vai celebrar do 16 ao 20 de xulloembro - Esta tarde presentarase o libro de Francisco Peña Castiñeira, “Rumbo á saúde ambiental planetaria e a un mundo novo: as claves para afrontar as grandes ameazas do século XXI” na Sala Félix Rodríguez - O padeeiro tudense Iván Alonso participará dende mañá en tres probas do Campionato de Europa de Maratón en Ponte de Lima
34:22
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG | Rolda pleno maio
Episodio en Informativos
Hoxe proseguimos a rolda de entrevistas tras o pleno ordinario do pasado xoves con Carmen Núñez, a voceira do BNG.
21:25
Noticias 13.30 h | Martes, 3 de xuño de 2025
Episodio en Informativos
Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Hoxe comezou o congreso EDUCODS no Paseo da Corredoira - José Palacín, concelleiro non adscrito da corporación de Tui, fai balance do pleno ordinario celebrado a pasada semana - O paro descende en 39 persoas en Tui no mes de maio - Até o vindeiro luns está aberto o prazo de solicitude de praza para os campamentos “Verán Aventuras 2025" e o Campamento Tecnolóxico - Do 23 de xuño ao 5 de setembro Ludiland organiza o seu campamento de verán no Liceo Casino de Tui - Mañá presentarase o libro de Francisco Peña Castiñeira, “Rumbo á saúde ambiental planetaria e a un mundo novo: as claves para afrontar as grandes ameazas do século XXI” na Sala Félix Rodríguez - Información deportiva
28:05
Ent. José Palacín, concelleiro non adscrito | Rolda pleno maio
Episodio en Informativos
Abrimos hoxe con José Palacín, concelleiro non adscrito, a rolda de conversas posterior ao pleno ordinario celebrado o pasado xoves pola corporación municipal de Tui.
22:48
Ent. Conchi Martínez, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui | Traballadora social de saúde mental
Episodio en Informativos
Paso dado cara o mantemento da praza de Traballo Social na Unidade de Saúde Mental do centro de saúde de Tui. Con carácter inmediato, esta profesional manterá a actividade dous días á semana: martes e xoves. Deu os detalles Conchi Martínez, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui, e incidía en que esta traballadora social presta atención aos concellos de Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal, Oia e Salceda de Caselas.
01:54
Noticias 13.30 h | Luns, 2 de xuño de 2025
Episodio en Informativos
Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - A corporación municipal de Tui aprobou o Plan Municipal da Infancia e da Adolescencia e dous recoñecementos de crédito de máis de medio millón de euros - O Concello de Tui solicitará ao Ministerio de Cultura a declaración de acontecimento de excepcional interese público para o oitavo centenario da consagración da Catedral - A traballadora social da Unidade de Saúde Mental do centro de saúde de Tui manterá a súa actividade laboral dous días á semana - Mañá comeza o congreso EDUCODS no Paseo da Corredoira - Dobre proxección esta semana do Cineclub Tui cos filmes "Adeus rapaces" e "Proxecto Nim" - Información deportiva
23:13
Ent. Conchi Martínez da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui - supresión praza Traballo Social na USM Tui
Episodio en Informativos
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui reclama que non sexa suprimida a praza de Traballo Social, na Unidade de Saúde Mental do Centro de Saúde de Tui, na que se presta atención aos concellos de Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal, Oia e Salceda de Caselas. Así o explicaba hoxe Conchi Martínez da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui, quen explicaba que hoxe é o último día no centro tudense da persoa que ocupaba até o de agora a praza. Tamén deu conta de como está o Centro de Saúde ante a chegada do verán.
05:23
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui e voceiro do PSOE | Dous anos dende as eleccións municipais
Episodio en Informativos
Con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui e voceiro do PSOE, pechamos hoxe a rolda de conversas cos representantes da corporación municipal de Tui, con motivo dos dous anos dende que se celebraron as eleccións municipais.
24:17
Noticias 13.30 h | Xoves, 29 de maio de 2025
Episodio en Informativos
Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Dezaoito puntos conforman a orde do día do pleno que hoxe, ás 20 h, celebra a corporación municipal de Tui - Nico Montes, voceiro do Partido Popular,valora os dous anos transcorridos do actual mandato - Protección Civil de Tui recibirá a medalla ao mérito na categoría de prata pola participación no continxente galego desprazado a Valencia tras a DINA - 21 centros educativos participan a próxima semana en Tui no congreso EducODS - Os Trastornos da Conducta Alimentaria centran a primeira charla hoxe das Xornadas Educativas organizadas polas ANPA’s de Tui - A percusión protagonista hoxe do concerto de fin de Grao no Conservatorio tudense - O campo Álvarez Durán acolle esta fin de semana a Amura Galician Rising Stars Cup
30:30
Ent. Juan Picós, coordinador de FIREPOCTEP+ | Xornada "As comunidades de montes fronte aos grandes incendios forestais"
Episodio en Informativos
Baixo o título "As comunidades de montes fronte aos grandes incendios forestais", FIREPOCTEP+ organiza no Auditorio de Goián unha xornada, o sábado a partir das 9.30 horas na que analizará o papel fundamental das comunidades de montes na prevención de incendios, entre outras cuestións. Así nolo contou hoxe Juan Picós, coordinador de FIREPOCTEP+.
06:27
Ent. Nico Montes, voceiro do PP | Dous anos dende as eleccións municipais
Episodio en Informativos
Hoxe continuamos coa rolda de conversas cos representantes da corporación municipal de Tui, con motivo dos dous anos dende que se celebraron as eleccións municipais, con Nico Montes, voceiro do PP.
09:36
Noticias 13.30 h | Mércores, 28 de maio de 2025
Episodio en Informativos
Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Mañá ás 20 h terá lugar o pleno ordinario da corporación municipal de Tui con 18 puntos na orde do día - Un veciño de Tui, de 70 anos, faleceu onte á tarde no Paseo da Corredoira - Carmen Núñez, voceira do BNG, valora os dous anos transcorridos do actual mandato municipal tras as eleccións celebradas o 28 de maio de 2023 - As IV Xornadas Educativas organizadas polas ANPAS de Tui inaugúranse mañá ás 19 h cunha charla sobre prevención de TCA - Hoxe comeza o curso "Da perda á esperanza" na Aula da UNED - O Club Naútico San Telmo de Tui organiza un campamento de verán do 30 de xuño ao 14 de xullo - Mañá preséntase o II Amura Galician Rising Stars Cup no Álvarez Durán
30:23
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG | Dous anos dende as eleccións municipais
Episodio en Informativos
Hoxe proseguimos coa rolda de conversas cos representantes da corporación municipal de Tui, con motivo dos dous anos dende que se celebraron as eleccións municipais, con Carmen Núñez, voceira do BNG.
15:45
Noticias 13.30 h | Martes, 27 de maio de 2025
Episodio en Informativos
Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - 18 puntos conforman a orde do día do pleno ordinario que este xoves celebra a corporación municipal de Tui - José Palacín, concelleiro non adscrito en Tui, fai balance dous anos de mandato tras as eleccións municipais de 2023. - A tudense Eva é unha das 30 integrantes no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia - Xornada de Portas Abertas e Campamento de Verán na Escola da Banda de Música de Tui - O tudense Alfonso Ferreira vén de realizar parte do Camiño Jeju Olle en Corea do Sul. - Charla sobre acoso escolar, contacontos, concerto de fin de grao, e cinema citas para hoxe en Tui - Sara Tui campioa da Women's Euro Beach Soccer League, coa selección española
30:26
Más de Radio Municipal de Tui Ver más
Día a Día Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,... Actualizado
Sección Aula UNED de Tui A oferta formativa da Aula da UNED de Tui coñecémola semanalmente no programa Día a Día Actualizado
O Futuro é Hoxe, con Modepen O Movemento Galego en defensa das pensións e dos servizos públicos, MODEPEN, conta cun programa na Radio Municipal de Tui: O Futuro é Hoxe. Actualizado
También te puede gustar Ver más
RADIO ARDILLA del CEIP SAN JUAN DE LA CRUZ, BAEZA Programa sobre un minuto de silencio por la muerte de la profesora Laura Luelmo. Actualizado
Podcast Informaivo Cantabria La actualidad política, económica y social de la comunidad cántabra en forma de crónicas, entrevistas y reportajes. Actualizado
A crónica O informativo da tarde co resumo e coa análise do acontecido cada día en Galicia e no mundo Actualizado