iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
Exército Mekemeke 26721t
Por Carlos Vieito
111
161
Ola parroquia! Vén formar parte dos mekemekes que están a invadir iVoox. Un programa presentado por Carlos Vieito. 6g4h67
Ola parroquia! Vén formar parte dos mekemekes que están a invadir iVoox. Un programa presentado por Carlos Vieito.
#111 | Whaaaaatsapp
Episodio en Exército Mekemeke
O verdadeiro abismo dixital: WhatsApp! Falamos dos grupos de clase, dos audios eternos, dos stickers de profes e das mensaxes enviadas por erro. Descubre connosco a fauna dos grupos, os códigos non escritos ddo dobre check azul e por que silenciar notificacións é o novo mindfulness. ⚠️ Inclúe dramatizacións reais e traumas dixitais. Dálle ao play, ri un pouco e comparte este audio de 41:48 minutos que nunca deberías ter escoitado.
41:48
#110 | Flos Mariae con DJ Misa
Episodio en Exército Mekemeke
Neste episodio especial mergullámonos no universo místico-pop de Flos Mariae con DJ Misa. Pasamos revista á historia desta familia do Opus Dei que non deixa indiferente, dende os seus comezos como fenómeno viral ata os escuros secretos empresariais da súa traxectoria. Analizamos a súa presenza en internet, a serie La Mesías dos Javis, e a ruptura que deu lugar a grupos como Mariah’s Pop ou 4 HBD.
40:17
#109 | Consumo, modas e cultura pop
Episodio en Exército Mekemeke
Din que vivimos nun tempo de consumo consciente… mais seguimos enchendo o carriño de Amazon ás 2 da mañá. Neste episodio os mekemekes exploran as contradicións da vida millennial: minimalismo de postureo, compras absurdas que non usamos, a crise existencial dos 30, e frases "espirituais" que non significan nada, pero soan moi ben en stories. Se tamén tes unha alfombra de ioga sen estrear, este episodio é para ti.
37:50
#108 | Erasmus: sobrevivindo a base de pasta e dramas
Episodio en Exército Mekemeke
Unha viaxe pola experiencia internacional máis idealizada, e seguramente sobrevalorada, da vida universitaria. Neste episodio os mekemekes debullan os soños previos, as desventuras linguísticas, os amores efémeros e as dietas baseadas en carbohidratos con testemuños delirantes e anécdotas "reais" que che farán rir... ou revivir traumas.
40:38
#107 | Cousas absurdas que fixemos por amor
Episodio en Exército Mekemeke
Os mekemekes mergúllanse no lado máis ridículo e entrañable do amor e os celos. Comparten as síuas anécdotas incriblemente absurdas que demostran que, cando o corazón manda, a cabeza queda de vacacións. Entre historias vergoñentas, xogos disparatados e falsas reflexións profundas, prepárate para rir a esgalla e recoñecer que, no fondo, todxs fixemos un pouco o parvx por amor algunha vez.
44:16
#106 | Arrincamos a fresadora con Pablo Casal
Episodio en Exército Mekemeke
Seguimos con novas incorporacións! Pablo Casal únese ao Exército Mekemeke para facernos escachar coa risa repasando a actualidade galega. A Fresadora é a sección que desenvolve dende hai unha morea de anos no programa Galiza... algo máis! na radio catalá Sants3Ràdio.
44:33
#105 | A miña primeira vez
Episodio en Exército Mekemeke
Os mekemekes repasan as súas primeiras veces. Entre anécdotas +18 e humor con dobre sentido, os mekemekes veñen a falarnos desas primeiras veces "adultas" que ninguén nos ensina: cambiar unha roda, pagar impostos ou sobrevivir á primeira “cea de empresa”.
36:30
#104 | Os mekemekes asaltan o Teatro Colón
Episodio en Exército Mekemeke
Asaltando o Teatro Colón e atrincherándose no Palco Real, os mekemeke infíltranse na IV Gala de Certames da Deputación da Coruña para facer o primeiro podcast retrasmitindo unha entrega de premios ao puro estilo ASMR.
02:06:36
#103 | As adiccións
Episodio en Exército Mekemeke
Recoñecer esas pequenas obsesións que todxs temos é o primeiro paso. Os mekemekes axudaránche a desgancharte dos maratóns de novelas turcas ata a loita eterna por manter a racha en Duolingo. Exploramos as "adiccións light" que fan a vida máis divertida ou ás veces máis improductiva. Descubre por que estas teimas son máis comúns do que pensas e cando deberías preocuparte. Preparadx para asumir que es un "adicto" máis?
41:40
#102 | A falta de sono… Que horror!
Episodio en Exército Mekemeke
Con sono ou sen vida? Os mekemekes adéntranse de forma nada científica nas consecuencias que ten non durmir, acompañado de "consellos" totalmente inútiles. Perfecto para escoitar de madrugada ou tras durmir pouco, combina ciencia malinterpretada con situacións ridículas da vida cotiá. Os mekemekes retratan o día a día dos zombies funcionais que sobreviven a base de café. Un programa tan caótico como divertido para rirse do propio esgotamento.
45:23
#101| Volve Pura, a avoa mekemeke
Episodio en Exército Mekemeke
Xa están aquí as entrevistas mekemekes! Comezamos cun novo espazo no programa no que visitarán o mekerocho diferentes persoas cun espírito claramente mekemeke. A primeira convidada é Pura, a avoa mekemeke, que xa participou connosco na primeira tempada e que volve (menos nerviosa) a colaborar co Exército Mekemeke. Repasamos con ela o pasado da sociedade galega e as vivencias dunha muller do rural criada en Santa Comba.
25:26
#100 | Un cento de risas
Episodio en Exército Mekemeke
Episodio especial número 100! Como todo aniversario que se prece, celebrámolo con risas e momentos icónicos. Os mekemekes repasan os mellores instantes do programa, reviven anécdotas surrealistas e enfróntanse ao seu inimigo aférrimo, Ultraheroe. Ademais, aparecerá un convidado sorpresa que arrincará confesións inéditas que non deberían saír á luz. Prepárate para un episodio especial cheo de risas.
01:06:54
#99 | Educación física
Episodio en Exército Mekemeke
Neste episodio os mekemekes mergúllanse nos recordos das míticas clases de educación física do colexio. Desde o temido test de Cooper ata os equipos inxustos nas pachangas do patio, pasando pola clásica escusa de "dóeme a barrigola". Unha viaxe nostálxica cargada de humor na que revivirán anécdotas, inxustizas deportivas e a eterna dúbida: por que os profes sempre levaban chándal mais nunca corrían?
31:15
#98 | As supersticións
Episodio en Exército Mekemeke
Os mekemekes lánzanse a explorar as crenzas galegas máis curiosas e disparatadas da nosa cultura. Desmitificamos as supersticións galegas máis populares, desde os gatos negros ata os meigallos. Este programa promete sorprender e axudar a descubrir se abrir un paraugas dentro da casa trae mala sorte… ou se realmente hai algo de verdade!
37:30
#97 | Viaxes escolares
Episodio en Exército Mekemeke
Lémbraste desas viaxes en bus onde o importante non era o destino, senón con quen te sentabas? Neste episodio, os mekemekes reviven as anécdotas máis surrealistas, os momentos máis vergoñentos e as historias que só podían ocorrer nunha excursión coa escola. Dende profes desesperadxs ata o compañeiro que sempre se perdía, este podcast é un billete de ida á risa e á nostalxia. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
40:47
#96 | Mundo Animal
Episodio en Exército Mekemeke
Se algunha vez te preguntaches cousas como por que os flamengos dormen cunha pata no aire? ou se os preguiceiros teñen ansiedade?, este é o teu programa. Os mekemekes exploran o mundo animal con datos curiosos, historias absurdas e debates ridiculamente científicos. Dende animais que parecen sacados dunha broma ata anécdotas sen sentido ningún, este é o programa perfecto para aprender rindo.
37:32
#95 | Facendo malabares coa vida adulta
Episodio en Exército Mekemeke
O caos de intentar ser adulto sen un manual de instrucións. Neste programa os mekemekes descobren que ninguén sabe realmente o que está facendo, mais seguimos adiante igualmente. Uns minutos para compartir o desastre organizado da vida adulta e aprender a rir da vida durante o proceso.
36:22
#94 | Queren destruír o mundo sen nós
Episodio en Exército Mekemeke
Están a piques de destruír o mundo e o peor de todo é que o están a facer sen os mekemekes! Vendo como o mundo cambia a peor dende o último programa, os mekemekes voltan de novo porque senten que están destruíndo o mundo sen eles. Por esta razón, están dispostos a unirse a esta liga do mal para axudar a acabar con todo. Neste programa poderás aprender uns "tips" para facer deste mundo un pouquiño peor.
38:24
#93 | Unha esmola para ex-leproso
Episodio en Exército Mekemeke
Volta o videopodcast que ninguén pediu... mais que todxs botan de menos! Despois destes meses de hibernación, o Exército Mekemeke regresa con máis anécdotas, ocorrencias e comentarios sen filtro. Este tempos serviunos para madurar? Non. Seguimos dicindo parvadas? Absolutamente. Se botabas de menos as aventuras mekemekes, únete a esta nova tempada chea de risas, nostalxia e caos controlado.
14:03
#92 | Misterio misterioso
Episodio en Exército Mekemeke
Atenuamos as risas para falar do último e derradeiro programa da terceira tempada. O misterio cubre o estudio e non deixa deslumbrar se haberá unha cuarta tempada. Onde si hai luz, é no cariño que nos transmitiron os mekemekes ao longos destes tres anos, semana tras semana, acompañándonos en cada tolería mekemeke. Para vós vai este programa!
31:17
Listas del creador Ver más
También te puede gustar Ver más
Nadie sabe nada, con Buenafuente y Berto Andreu Buenafuente y Berto Romero se sientan frente a frente, micro a micro, e improvisan. ¿Qué puede salir mal? El humor de estos dos genios es oro para tus orejas. Ábrelas bien que, en el fondo, nadie sabe nada. En directo en Cadena Ser los sábados a las 12:00 y a cualquier hora si te suscribes. Actualizado
Estirando el chicle Estirando el chicle es un podcast de comedia que surge de la necesidad de Victoria y Carolina de rajar sobre todas las cosas que les indignan. Semana a semana y sobre un tema concreto, Carol y Vicky comparten experiencias y anécdotas con otras mujeres, hacen crítica social, se faltan al respeto y cantan. Cantan fatal. Todos los DOMINGOS en PODIUM PODCAST, YouTube, Spotify, Amazon Music, Apple Podcast, Ivoox, Google Podcast, la plataforma de podcast de un primo mío y un montón de sitios más. Actualizado
Todo Mal Podcast de comedia en galego, en galego de Galicia. Podería ser galego de Zimbawe que tamén está ben pero non, galego de Galicia, da boa, da do lícor café, as sobremesas de oito horas e votarlle o PP. Se estas aquí e te queres rir bótalle unha escoita e se queres chorar e mellor que mires a tua nómica, a non ser que seas Amancio Ortega si es Amancio Ortega: Ola Amancio comprasme un camión? E máis fácil andar en ruta que facer rir sen ir preso. Actualizado