Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Bueno Carallo Bueno
Bueno Carallo Bueno
Podcast

Bueno Carallo Bueno 2q4w1k

72
135

Silvio e Alberte perpetran un podcast que non vai de nada e vai de todo. Non é un podcast calquera, é O MELLOR PUTO PODCAST EN GALEGO DO MUNDO. Din eles. 1f46g

Silvio e Alberte perpetran un podcast que non vai de nada e vai de todo. Non é un podcast calquera, é O MELLOR PUTO PODCAST EN GALEGO DO MUNDO.

Din eles.

72
135
BCB 5x13 - Papagón
BCB 5x13 - Papagón
Silvio e Alberte pararan a actividade hai un mes. Sí, sí, non foi cousa do apagón, xa ve de atrás. Nesta nova e esperadísima entrega falan do parón enerxético, do novo Papa, do Barça e ata estrean unha sección que xa se fixera. En fin, moita chorrada de dios... En redes, en @carallobueno
Humor y entretenimiento 2 semanas
0
0
29
43:41
BCB 5x12 - Preparadeiro físico
BCB 5x12 - Preparadeiro físico
Silvio e Alberte traen de volta un programa clásico; no que o primeiro traballa e o segundo non. Antes de estrear a sección Nomes de comidas que poderian ser futbolistas falan dos fillos, da 'energuia' e de como facer ben o pa amb tomàquet. Está o TikTok que bota lume. Superar os 500 seguidores depende de vós! En todas as redes, en @carallobueno!
Humor y entretenimiento 1 mes
0
0
31
50:21
Bcb 5x11 - antoni bròquil
Bcb 5x11 - antoni bròquil
Silvio e Alberte volven á rutina pero pensando xa nas súas próximas aventuras. Moi atentas porque o tramo final da tempada vai ter bastante movamiento. Coincidindo co "Día de o Pai" falan de ser calvo, de ir a andar, do tantísmo que está a chover ou de calçots. Ademais de seguir inventando palabras e personalidades varias. O peche, unha vez máis, chega cos Xogos de Silvio, todo un clásico do BCB. En redes, en @carallobueno!
Humor y entretenimiento 2 meses
0
0
25
49:06
BCB 5x10 - Estirando as pernas: Bruxelas
BCB 5x10 - Estirando as pernas: Bruxelas
Alberte e Silvio percorren as rúas da capital belga despois de ter gravado o programa especial dende o Parlamento Europeo xunto a Ana Miranda. Fan balance da experiencia e dálles para falar tamén do fea que lle parece Bruxelas á xente, dos Pitufos e de que debe pensar o creador dos gofres da versión con forma de pirola que inventou un pijo de Canarias con máis cartos ca neuronas. Turismo e chorrada na primeira versión en movemento do mellor puto podcast en galego do mundo. Este paseo é todo o deporte que van facer no mes. Paga a pena escoitalo. Au revoir! En redes, en @carallobueno!
Humor y entretenimiento 2 meses
0
1
27
49:22
BCB 5x09 - A conquista de Europa
BCB 5x09 - A conquista de Europa
Alberte e Silvio chegan a Bruxelas, ao Parlamento Europeo para facer historia do podcasting en galego. O mellor puto podcast en galego do mundo presenta un programa especial con Ana Miranda, eurodeputada do BNG, como convidada. Nunha animada conversa trátanse temas como o cheiro de Jean Marie Le Pen, os gastrobares de Bouzas e a furriqueira letal que case deixa a Alberte na casa. Miranda pasa polos clásicos xogos do programa, reinvindicamos Altri Non e falamos do festival da diáspora galega na capital belga, o Emigrason. En redes, coma sempre, en @carallobueno
Humor y entretenimiento 3 meses
0
0
34
43:03
BCB 5x08 - Deceonáreo de senónemos
BCB 5x08 - Deceonáreo de senónemos
Silvio e Alberte volven para encetar o 2025 cun programa que serve de previa á viaxe que os levará a unha capital europea, onde gravarán o programa máis especial ata o de agora. Agradeceredes que este capítulo sexa máis curto, levan ao extremo o dialecto propio dos carallers rebautizando conceptos como a mítica serie MÉDECO DE FAMÉLEA (con Emeleo Aragón) ou FARMACEA DE GOARDEA. Houbo tempo de falar da paternidade de Silvio, do encontro entre Brais e Iria e do piloto con máis carisma da historia Tommi Mäkinen. Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno.
Humor y entretenimiento 4 meses
0
0
32
41:05
BCB 5x07 - Giorgios Asagallos
BCB 5x07 - Giorgios Asagallos
Silvio e Alberte perpetran unha nova edición do podcast, desta vez máis tolo ca nunca -se iso é posible-. Falan do cumio do G20 en Brasil, do Primeiro Ministro portugués João Kiwi, da súa chegada a BlueSky ou de cagar no mar. Avisan á súa audiencia que o podcast ten dúas sorpresas; un pequeno parón por mor da paternidade de Silvio e un regreso apoteósico fora das nosas fronteiras que chegará máis cedo do que pensades. Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno.
Humor y entretenimiento 6 meses
1
0
35
56:15
BCB 5x06 - Honduras veñen
BCB 5x06 - Honduras veñen
Silvio e Alberte cambian de escenario e ofrecen un esperadísimo programa desde a casa de Alberte. Esperadísimo por Alberte que, se de normal xa traballa pouco, nesta ocasión non tivo nin que saír da casa. Fan unha guerra de porteiros, preparan o obituario de Alberte (pra cando sexa) e escollen o Ministro de Interior da República Galega. E sobre todo non perdades o inicio, que ten sorpresa. Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno.
Humor y entretenimiento 6 meses
0
0
50
49:13
BCB 5x05 - O programa do tirón
BCB 5x05 - O programa do tirón
Alberte e Silvio fabrican outro programa no que falan moito e non acabar de contar nada. O choio de Silvio en Hospitalet, o cumpreanos da irmá de Alberte e un xogo que vos fará pensar moito. Ou non... Silvio, na súa carreira cara á paternidade, sufriu un susto. Nada grave. Xa veredes ao final do epesódeo. Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno
Humor y entretenimiento 7 meses
1
0
30
55:36
BCB 5x04 - Piso Franco
BCB 5x04 - Piso Franco
Silvio e Alberte estrean estudo. O primeiro anda de mudanza; mudanza á que axudou de xeito totalmente decisivo Alberte. Ou igual non tanto. Seguen de resaca trala festa da empanada, fantasean con posibles Presidentes da Xunta e rematan o programa tirando de tópicos cataláns. Perder audiencia, iso é o que queren? Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno
Humor y entretenimiento 7 meses
0
0
36
56:27
BCB 5x03 - A festa da empanada
BCB 5x03 - A festa da empanada
Silvio e Alberte seguen co seu particular World Tour que nesta ocasión lévaos até Toxos e Xestas, un clásico do mundo asociativo galego en Barcelona. Falan de mortes, das 4 provincias galegas, da rivalidade Celta-Dépor, de mudanzas, sucesos patrios e moito, moitírmo máis. Todo isto como adianto da Festa da Empanada, na que, como non podía ser doutro xeito, rematan de xurado. Un gran día para o Bueno Carallo Bueno. Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno
Humor y entretenimiento 8 meses
0
0
37
01:03:49
BCB 5x02 - Chover mal
BCB 5x02 - Chover mal
Silvio e Alberte volven neste segundo episodio da tempada ao seu estudio habitual (a casa do primeiro). Falan da resaca (metafórica e literal) trala gravación en directo dende Allariz, unha noite memorable xunto a Miguel de Lira e Tonhito de Poi. Tamén do mal que chove en Barcelona, do lugar de nacemento de galegos coñecidos e da maquenaria que estrearon para soar aínda mellor e seguir sendo o mellor puto podcast en galego do mundo. Seguimos nas redes todas, somos @carallobueno
Humor y entretenimiento 8 meses
0
0
34
56:00
BCB 5x01 - A RiR con nós
BCB 5x01 - A RiR con nós
Silvio e Alberte estrean tempada (e xa van cinco) EN GALICIA. Esta gravación en directo dende o Festival RiR de Allariz supón a primeira visita ó país do mellor p*** podcast en galego do mundo. A primeira de moitas... Din eles. Entre outros temas tolos, falan da ausencia de comedias no novo cinema galego, do balconing e pechan cun apaixoante xogo que enfronta a concelleiros de Democracia Ourensana con xogadores do Ourense. Está de volta o Bueno Carallo Bueno, a que agardas para darlle ó play.
Humor y entretenimiento 8 meses
1
0
39
52:48
BCB 4x15 - Fin de festa con Joel Díaz
BCB 4x15 - Fin de festa con Joel Díaz
Alberte e Silvio volven co mellor p*** podcast en galego do mundo ao Centro Galego de Barcelona, co obxectivo de pechar a tempada... pero desta vez fano acompañados. O convidado desta season final é o humorista e comunicador de orixe galega Joel Díaz, que incluso asiste ao programa acompañado da súa nai! Joel sométese a un exhaustivo test de galeguidade e descubre tamén a qué comarca pertence o concello de Abadín, do que é oriunda a súa familia materna. Moitas sorpresas nun final de tempada á altura das expectativas. Xa queda menos para a quinta tempada! En redes, coma sempre, en @carallobueno.
Humor y entretenimiento 11 meses
0
0
55
01:06:40
BCB 4x14 - Fuchicando coa IA
BCB 4x14 - Fuchicando coa IA
Alberte e Silvio ofrecen a penúltima entrega da tempada do mellor puto podcast en galego do mundo. Entre outras cousas escoitarás o máis riguroso análise das eleccións europeas. Falan tamén de comer pipas, da casa do porco e asistimos a unha nova demostración do talento de Alberte pra imitar. Ademais, estrean as primeiras propostas de himno do Bueno Carallo Bueno feitas pola intelixencia artificial. Todo por non traballar. En redes, @carallobueno
Humor y entretenimiento 11 meses
1
0
35
50:58
BCB 4x13 - Dous tartamodos
BCB 4x13 - Dous tartamodos
Alberte e Silvio perpetran un programa de inicio faltón pero non vos enganedes que conforme avanza aínda é peor. O cumpre guitano de Iria, a presenza de Silvio na final da Champions feminina, o ascenso do Depor e o concurso das europeas son algúns dos demasiados que forman parte deste episodio. Se hai xente comenzando a escoitar o podcast dende o capítulo un, como pode ser que non escoites ti o último? En redes, @carallobueno
Humor y entretenimiento 1 año
1
0
35
57:53
BCB 4x12 - SEPRONA de Zagreb
BCB 4x12 - SEPRONA de Zagreb
Alberte e Silvio cometeron un erro bastante imperdoable: tomar un café antes de comezar este capítulo do Bueno Carallo Bueno. O Alberte máis hiperactivo enfróntase, de novo, a un concurso dos que xa son habituais no programa. Silvio conta as súas peripecias no baloncesto, tanto xogando como asistindo coma público. Capitulón. Estamos no Tiktok e no Youtube, que puxemos algo de orde. Coidao. En redes, @carallobueno
Humor y entretenimiento 1 año
1
0
33
55:42
BCB 4x11 - Antetokounmpo dominicano
BCB 4x11 - Antetokounmpo dominicano
Alberte e Silvio abandonan o baño de masas no Centro Galego de Barcelona para volver a facer o programa na casa. O retorno á vida ordinaria lévaos a comentar comentarios de FIDBACA sobre o episodio ao vivo e a constatar que pouco a pouco están á construir unha linguaxe propia do podcast. Como cando falan do mítico Antetokounmpo dominicano. Ademais, teñen tempo de escoitar unha mítica canción da autoría de Alberte e de falar dos prezos dos pisos en Ourense. En redes, @carallobueno
Humor y entretenimiento 1 año
0
0
26
53:52
BCB 4x10 - Isobaras (en directo desde o Centro Galego de Barcelona)
BCB 4x10 - Isobaras (en directo desde o Centro Galego de Barcelona)
Alberte e Silvio dan o salto ao mundo do podcast en vivo, con público, nun lugar centenario como é o Centro Galego de Barcelona. Falaron de alopecia, da fichaxe do meteorólogo de TV3 Tomás Molina por ERC e tamén da súa chegada -de nenos- a Catalunya. Contaron coa presenza de dous convidados (Suso Mon, de ERGAC, e Anxo Baranga, de Furafollas) e máis tamén de dúas VIP: as súas nais! En redes, coma sempre, en @carallobueno.
Humor y entretenimiento 1 año
0
0
30
01:20:33
BCB 4x09 - O premio é o cariño da xente
BCB 4x09 - O premio é o cariño da xente
Alberte e Silvio falan de moitos temas, todos propostos por Silvio porque (oh, sorpresa!) Alberte hoxe tampouco preparou nada. Os Ondas do Podcast, as eleccións en Portugal e polo resto un programa moi cinéfilo: falan dos Oscars e de Dune 2. Co gallo do pasamento de Akira Toriyama, abren un debate sobre cal é a versión boa da dobraxe de Dragon Ball: a galega ou a catalá. En redes, en @carallobueno.
Humor y entretenimiento 1 año
0
0
27
52:39
También te puede gustar Ver más
La Ruina
La Ruina Tomàs Fuentes e Ignasi Taltavull comentan y juzgan la peor anécdota de la gente que viene de público al programa. La historia más miserable se lleva un premio. Actualizado
Nadie sabe nada, con Buenafuente y Berto
Nadie sabe nada, con Buenafuente y Berto Andreu Buenafuente y Berto Romero se sientan frente a frente, micro a micro, e improvisan. ¿Qué puede salir mal? El humor de estos dos genios es oro para tus orejas. Ábrelas bien que, en el fondo, nadie sabe nada. En directo en Cadena Ser los sábados a las 12:00 y a cualquier hora si te suscribes. Actualizado
Estirando el chicle
Estirando el chicle Estirando el chicle es un podcast de comedia que surge de la necesidad de Victoria y Carolina de rajar sobre todas las cosas que les indignan. Semana a semana y sobre un tema concreto, Carol y Vicky comparten experiencias y anécdotas con otras mujeres, hacen crítica social, se faltan al respeto y cantan. Cantan fatal. Todos los DOMINGOS en PODIUM PODCAST, YouTube, Spotify,  Amazon Music, Apple Podcast, Ivoox, Google Podcast, la plataforma de podcast de un primo mío y un montón de sitios más.   Actualizado
Ir a Humor y entretenimiento