Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
A actualidade está sobrevalorada
A actualidade está sobrevalorada
Podcast

A actualidade está sobrevalorada 1n4t4u

Por Luzes
124
310

Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar. 4q5c2a

Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.

124
310
As Guerras Médicas e unha recepción impresentable
As Guerras Médicas e unha recepción impresentable
Volven os 80 e as súas tolas desputas localistas? Marta Otero Mayán, secundada por Ana Luísa Bouza, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro explica que non, que a pretensión do rector da UDC, Ricardo Cao, de impartir Medicina vai máis alá do clásico «culo veo, culo quiero». Para ver se concordan ou non, terán que escoitar o podcast. Tamén para entender a postura de Alberto Núñez Feijóo e do PP sobre do uso do galego, o catalán e o euskera no Europarlamento, que aquí din que si e en Madrid e Bruxelas din que non. Para o que non lle fai falta escoitar nada é para entender a recepción, na Xunta e no Parlamento, ao embaixador de Israel. Recibir ao representante dun goberno xenocida non ten explicación ningunha, e agardamos expectantes unhas desculpas.
Política, economía y opinión 6 días
2
0
89
46:48
Mondariz Balneario, Avión e unha absolución
Mondariz Balneario, Avión e unha absolución
Que pasa no Balneario? Parece o titulo dunha clásica novela de misterio británica, pero é a historia real duns 300 migrantes refuxiados no concello máis pequeno de Galicia (700 habitantes) que acabaron sendo atendidos pola poboación ata que a Xunta e/ou o Goberno os expulsa. Do mesmo xeito que se foi (do partido, pero non do cargo) a concelleira de Vox en Avión, Lilian Cerdeira a única que tiña en Galicia a formación de ultradeireita. E outro que deixa, o cárcere, é Alejandro Míguez, o cuarto adulto condenado polo asasinato de Samuel Juiz, absolto por decisión do Tribunal Superior. Todo isto dálles para falar a Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro máis do habitual (que non é pouco).
Política, economía y opinión 1 semana
2
1
84
49:38
Xente que se vai, xente que vén
Xente que se vai, xente que vén
Ademais de Pepe Mujica (ao que Xosé Manuel Pereiro se empeña en chamar «Mújica«, como Mújica Laínez ou Múgica Herzog, a diferenza de Ana Luísa Bouza e Xosé Hermida) e noutro moi distinto nivel, foise (só do cargo) a directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, María del Carmen Martínez Ínsua, presunta madriña da idea de pintar de verde a futura cheminea de Altri para convertila en icona gráfica. Na istración non saben conservar xente con tanta visión de futuro. Si saben amarrar a quen garda as esencias da información pública ao servizo de quen manda, e así virá como directora xeral de algo que xa non se chama CRTVG a Concha Pombo, que de ser responsable do que chamaban información, agora será titular de todo o tinglado. E para rematar en alto, un chamamento a celebrar, se é posible con pandeireta, o Día das Letras Galegas, dedicado, como saben, as mulleres que gardaron de forma practicamente clandestina a nosa cultura popular nas cociñas, como ben poden ler en Luzes.  A todo isto, onde anda metida Marta Otero Mayán?
Política, economía y opinión 3 semanas
1
0
110
33:52
Eleccións alí arriba e aquí ao lado
Eleccións alí arriba e aquí ao lado
A tal hora, o Espirito Santo e o electorado portugués están convocados a escoller os próximos dirixentes no Vaticano e no Palacio de São Bento. Parolini ou Luis Montenegro?, Cristóbal López ou PedroNuno Santos? Terán opcións a extrema dereita de André Ventura ou o filipino Pablo Virgilio David? Unhas eleccións tan apretadas queAna Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Hermida eXosé Manuel Pereiro nin se atreven a facer unha porra. Apretada tamén a votación que aprobou no Congreso as medidas contra os arancelazos de Trump, e que nin o tradicional empresarismo do PP de Feijoo (e de calquera outro) foi capaz de impoñerse á teima anti Pedro Sánchez, non xa para votar a favor, se non siquera para absterse. E por último, o misterioso e penoso caso dos mortos nos contedores de papel da Coruña e Zaragoza. Desleixo social, homicidio, falta de seguridade?
Política, economía y opinión 3 semanas
1
0
85
32:17
O Día dos Transistores (e do Traballo)
O Día dos Transistores (e do Traballo)
Onde estabas ti ás 12,33 do 28 de abril de 2025? Cóntannos aquí a súa peripecia persoal Ana Luísa Bouza (na casa), Marta Otero Mayán (na ducha), Xosé Hermida (no Congreso, que había luz) e Xosé Manuel Pereiro (teletraballando) pero as horas seguintes todos, como a maioría da xente, coa orella pegada ao transistor, como os futboleiros de antes as tardes de domingo. Pero no episodio actual de A Actualidade está sobrevalorada tamén se fala da decisión do Tribunal Constitucional de non decidir sobre a Lei Trans (é dicir: decidir non tomar unha decisión de momento) e do Día do Traballo, que ten cada vez máis un carácter político que meramente sindical.
Política, economía y opinión 1 mes
3
0
108
47:06
Cónclave no Hórreo
Cónclave no Hórreo
O balance de xestión e promesas no Parlamento Galego non foi tan ameno como o Estilo Galicia da semana pasada na Cidade da Cultura, pero tamén nos deu que falar. O presidente Alfonso Rueda está decidido a marcar paquete político propio e pedir permisos as competencias de dar permisos para todo: para Altri, para plantar eucaliptos, para construír no litoral… De doce anos de seca de traspasos a media ducia en tres anos. Como din os charlatáns das feiras «Venga, que nos las quitan de las manos!». Mentres, aló en Roma tamén hai debate, pero para ver a quen poñen no trono de Francisco Bergoglio. Un filipino? Un húngaro? Un ghanés? Fariamos apostas pero a cousa está máis difícil que cando na quiniela poñen partidos da calcio de Italia.
Política, economía y opinión 1 mes
2
0
114
39:53
Estilo Galicia, HEY!
Estilo Galicia, HEY!
Que a toma de posesión de Trump foi un espectáculo televisivo? Pois aquí un evento non menos mundial como o I Ano Triunfal de Rueda non foi para menos. A Xunta tirou a casa pola ventá (a TVG) e fixo un reallity show daqueles do xénero do exhibicionismo emocional no que a xente do común ía dar testemuño das súas alegrías e os seus pesares nas pantallas. Neste caso, das súas alegrías, gracias á «Dios e á Xunta», pola orde que queiran, que a orde dos favores non altera o produto. O balance serio, no Parlamento a semana que vén, e xa nolo contarán Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro, pero de seguro que non o pasarán tan ben (eles).
Política, economía y opinión 1 mes
2
0
116
39:35
Altri, Sargadelos, as transferencias e un bolseiro
Altri, Sargadelos, as transferencias e un bolseiro
Unha empresa que ameaza con irse se non lle dan cariño e 250 millóns de euros, e un empresario que di que pecha ou non, segundo lle dá o aire. Non puidemos escoller mellor ocasión para volver ás súas orellas, e presentarlles, de paso, a unha nova promesa da opinión. Escoiten e xulguen.
Política, economía y opinión 1 mes
1
0
136
38:10
Live in Lugo!!!
Live in Lugo!!!
Conseguimos un dos nosos soños: actuar en directo (aínda que sexa nun cárcere).  Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán, Xosé Manuel Pereiro e Lois Pérez (no papel de Antón Losada) estivemos rodeados dun público amigo e rebuldeiro e dunha chea de Castelaos (que resultaron ser os concelleiros do BNG). Comparamos os cárceres, as estacións de buses obsoletas e o falamos de dous fenómenos misteriosos: a istración que non quere que lle dean cartos e o teléfono antiokupas ao que non chama xente que quere que a libren de okupas. NOTA:  As nosas condolencias á corporación municipal e á familia e amizades da alcaldesa, Paula Alvarellos, que falecía tras sufrir un infarto precisamente mentres nós gravabamos o podcast.
Política, economía y opinión 3 meses
2
0
145
45:11
O ano que ruedamos perigosamente
O ano que ruedamos perigosamente
Vai para un ano que subimos, a maioría do electorado que acudiu ás urnas, ao bus do PP que conducía Alfonso Rueda. Que pasou desde entón? Que cambiou no goberno (a maiores duns funcionarios medoñentos que foron substituídos por outros afoutos que son quen de dicir amén ás pretensións dos xefes)? E na(s) oposición (s)? Porque no País parece que pouco, que os problemas seguen a ser os mesmos, pero máis vellos e grandes. Escoiten a Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, que ademais estrean sintonía (musical, entre eles xa a teñen) que se despiden da audiencia ata a semana seguinte, LIVE IN LUGO!
Política, economía y opinión 3 meses
3
1
142
42:19
Independencia, salarios e alerta cinexética
Independencia, salarios e alerta cinexética
Non, a alerta cinexética da que avisa a conselleira de Medio Ambiente?,Ángeles Vázquez, non é a dos partidos de esquerda contra a presenza no nomenclator de vilas e cidades do nome do exministro de Franco e expresidente da Xunta,Manuel Fraga. É sobre que hai xabarís soltos na Autoestrada do Atlántico. Un caso máis de apenovismo, porque os xabarís andaron ceibos de toda a vida, e por todas as estradas, grandes e pequenas, de Galicia. Unha polémica, no pensar de algún/algunha dos contertulios (xa saben,Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro) igual de parva que a de se os que cobran o salario mínimo teen que declarar ou non o IRPF, cando en España se estima que hai, en artefactos financieiros legais, 300.000 millóns de euros, que cotizan un 2% ou 3%, e o imposto de sociedades está deseñado de forma que, canto máis ganan, menos contribúen fiscalmente. Un podcast completo no que se fala tamén de que en Galicia non só hai unha lista de espera para a dependencia, senón dúas (unha para que cha recoñezan, de un ou dous anos, e outra para cobrar, de seis a doce meses). Non haxa medo: o Goberno vai implantar un plan de choque, que inclúe cambiarlle o nome por Ley de Autonomía, e a Xunta, para non ser menos, cartos non se sabe se vai poñer, pero outro plan si. Unha suxestión: pódenlle chamar Lei de Independencia, que o marqueting xa está feito.
Política, economía y opinión 3 meses
2
0
141
41:18
Louzán, as urxencias e a connivencia
Louzán, as urxencias e a connivencia
Galicia, unha vez máis pioneira. Neste caso, na xurisprudencia istrativa. O Tribunal Supremo absolveu a Rafael Louzán do delito de prevaricación porque se é ben certo que o hoxe presidente da RFEF e daquela da Deputación de Pontevedra inventou un concurso público para darlle uns cartos a unha empresa determinada, foi para pagar unhas obras acordadas mediante «connivencia» (sic) dos involucrados. O «ti vai facendo» ratificado pola alta xurisprudencia. Pero non só somos pioneiros na superación na Lei de Contratos pola vía dos feitos. Tamén o somos en terceira idade tecnolóxica. Os nosos vellos, e vellas, controlan que te cagas os trebellos, segundo o conselleiro do ramo. E se podes distraerte fedellando no aparato, que necesidade teñen de ir ao centro de saúde? Con mirar en Google que lles pasa e pedir o remedio por Amazon, amañado. Igual de rauda foi a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez e/ou o presidente Rueda. Como o BNG e os seus secuaces tiñan ameazados aos funcionarios para que non emitiran informes a favor da instalación de Altri, nunha xogada mestra e secreta cambiou aos responsables de facer eses informes por xente menos sensible (unha delas, causalmente casada co director de Ence-Pontevedra), tal e como conta neste mesma web o compañeiro Juan Oliver.
Política, economía y opinión 3 meses
0
1
110
42:09
«El palacete, el palacete»!
«El palacete, el palacete»!
Que pasou co Palacete de París que a Gestapo lle incautou aos vascos e que o PP tiña a firme convicción de que debería seguir sendo propiedade do Patrimonio Público do Estado? (Tan firme que mesmo votou en contra da suba das pensións, as axudas aos afectados da DANA e aos s do transporte público para que pasase a mans dos «aprovechateguis»[© Miguel Tellado] do PNV). O que tampouco saben Ana Luísa Bouza (pódena felicitar, está de aniversario), Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro é que vai pasar cos concelleiros electos nas listas do PSdeG-PSOE en Compostela. Porque dos seis, catro están algo díscolos e sen propósito da emenda. Tampouco saben que lles pasa a algúns funcionarios da Xunta que, segundo a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, mesmo non durmen por medo do que lle poidan facer «o BNG e os seus secuaces» se fan algo a favor de Altri. Aparéceselles Néstor Rego pola noite? E por último, para eses que se apelidan Queijo, Enjamio ou mesmo Feijóo (por non falar de Otero ou Losada), a RAG ten un remedio: expídelle un certificado raudo para que devolvan o seu nome familiar ao idioma do que nunca deberían ter saído.
Política, economía y opinión 4 meses
3
0
147
39:52
Europa, sé forte!
Europa, sé forte!
Despois da pompa e circunstancia da toma de posesión de Donald Trump e seu séquito de tecnooligarcas, e a teor de a que líderes convidou ao aplaudirlle, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e mesmo Xosé Manuel Pereiro teñen claro os obxectivos deste segundo mandato do magnate e presentador televisivo: vai por Europa. E non precisamente a facerlle as beiras e tirarlle fichas. Tan claro como que os obxectivos, por activa ou por pasiva, da política sanitaria da Xunta son facilitarlle o negocio ao sector privado. O episodio deste semana comeza cunha desgracia, e remata con outra: o recordo ao falecido Xosé Manuel Piñeiro, Superpiñeiro, un pedazo da historia audiovisual e da recente cultura popular de Galicia.
Política, economía y opinión 4 meses
1
0
145
38:11
Socialistas, privatizacións e un senador veloz
Socialistas, privatizacións e un senador veloz
Que vai querer ser o PSdeG de maior? Esa é a pregunta que parece formularse no día a día. Rompe co BNG en Foz, sométese á cuestión de confianza na Coruña e anda en liortas consigo mesmo en Santiago. E mesmo hai quen sigue cuestionando o liderado de José Ramón Besteiro. Que tampouco é que sexa moita novidade na historia do PSdeG, que leva disparándose no pé toda vida sen necesidade de xuntarse en Amio. O que sí que teñen bastante traballado é a técnica do goberno municipal da protesta, e como mostra o apoio de Caballero, secundado por outros alcaldes e alcaldesas da área sanitaria de Vigo á convocatoria da manifestación en defensa da sanidade publica que terá lugar hoxe xoves. Se vostede nunca sabe que dicirlle a ese familiar que sempre defende a eficacia e aforro que aportan as privatización aproveite o episodio de hoxe porque o profesor Losada vai darlle o argumentario que desmonta esa mentira. Mentir, porén, é o dereito que asiste aos acusados nos tribunais, e así, pese ao que asegurou o velocimetro da Garda Civil, o senador Manuel Speedy Baltar asegurou que el non circulaba a 215 km/h cando o pararon na A6.
Política, economía y opinión 4 meses
1
0
137
38:24
Manifestación, competencias e a señora Scrooge
Manifestación, competencias e a señora Scrooge
Esta semana acumúlansenos os sucesos históricos. Abríase xa o domingo coa masiva manifestación contra a instalación da factoría de produción de pasta de celulosa pola compañia Altri, na que entre 50.000 e 100.000 persoas, (máis outros cantos en espírito que non estiveron por problemas de axenda) e sen deixar tempo para unha reacción proporcionada da Xunta chegou, case por sorpresa, unha nova cesión de competencia para Galicia. Desde os tempos dese goberno que non debe ser mentado que non se producía semellante fito. Nós non temos moitas dúbidas en que é algo bo para Galicia, outra cousa é o que fagamos coa competencia. As dúbidas deixámolas todas para o que vai pasar coa nova presidencia da RFEF, que igual non era a mellor idea nomear a alguén cunha inhabilitación pendente por confirmar polo Supremo, mais que saberemos nós que non nos dedicamos a gobernar o fútbol. Para rematar, comentamos a sentenza do xuizo pola violación multiple sufrida por Mme. Gisèlle Pélicot e ademais de agradecerlle que dera a cara por todas dedicamos uns fermosos pensamentos para a outra parte no xuizo. Como é o derradeiro episodio do ano, Antón Losada, Marta Otero Mayán, Ana Luisa Bouza e Xosé Manuel Pereiro aproveitaron para felicitar as festas para toda a xente que escoita o podcast e a toda a tribo de Luzes, mesmo algunha que non sabemos se acabará sendo a señora Scrooge.
Política, economía y opinión 5 meses
2
0
158
46:41
Altri, Alcoa e outras formas de aparvar
Altri, Alcoa e outras formas de aparvar
Como se pretende instalar Altri na Ulloa ou como quere ficar Alcoa na Mariña? As dúas multinacionais e os seus socios locais usan a mesma táctica, aparvarnos a ver se cansamos. Esa é a teoría que manexan Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro no noso episodio de hoxe, no que fan un chamamento a manifestarse o domingo 15 de decembro en Santiago contra a celulosa e outro chamamento a que fagan seu traballo á Xunta e ao goberno central para que asuman as súas responsabilidades no caso da factoría de alúmina-alumnio en Xove. A maiores, aínda lles queda tempo para pasmar co papo da istración autonómica, que devolve ao Estado millóns de euros que non dá gastado/ou non quere gastar en garderías públicas. E para apostar pola palabra do ano que escolle a RAG. Na nosa urna, Aparvar(se) levou 3 votos e Cantareiras, 1 (adiviñen quen a que). Pero vostedes voten como se fosen libres.
Política, economía y opinión 5 meses
3
0
162
40:11
Remataron a Asemblea e o Congreso, queda Jácome
Remataron a Asemblea e o Congreso, queda Jácome
Contra o prognóstico dos diarios de referencia, o BNG saiu indenme e radiante da súa XVIII Asemblea, con Ana Pontón tan pimpante como portavoz, e o PSdeG foi a excursión a Sevilla e non só non perdeu unha silla, senón que ganou unha: foi con cinco representantes e volveu con seis. Menos dá unha Pedra (Sánchez). Mentres, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, decidiu que o seu é a verdade sen fronteiras, sen intermediarios e sen xornalistas que fagan preguntas incómodas. Así que se vai limitar a saír pola súa televisión, e arreando. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro non saben que facer con este regalazo mediático.
Política, economía y opinión 6 meses
1
0
164
43:20
Un veredicto, unha conselleira, unha asemblea
Un veredicto, unha conselleira, unha asemblea
A deliberación máis extensa dun xurado deu froito por fin, e a nós –e a todo o mundo– nos pillou en finde, pero iso non impide que Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro debullen o resultado e dean a súa opinión arredor o veredicto sobre o asasinato de Samuel Luiz. Tamén comentan o sorprendente ataque destroy da conselleira de Igualdade, Fabiola García, ao sistema Viogen de vixilancia de mulleres ameazadas, non porque non sexa criticable, senón porque non parece moi normal poñer a caer dun burro o que hai sen propoñer algo mellor. Ou si, non queden calados, ou mellor caladas, e digan algo. E para rematar, o proceso pre-asamblear no BNG, que a nós nos parece normal dentro dunha organización, pero a outros unha descarnada loita polo poder. Consideran que La Voz de Galicia debería constituirse como corrente de opinión organizada dentro do Bloque? E nós (nós-nós, non Nós)? Comenten e debatan ata o próximo episodio, que como a campaña de Nadal e a do IRPF, chegará no seu tempo.
Política, economía y opinión 6 meses
1
1
183
39:22
Luces en Vigo, sombras en Muface e no PPdeG
Luces en Vigo, sombras en Muface e no PPdeG
Vigo inaugurou o Nadal no planeta e máis alá co encendido das luces. É bo ou malo para a veciñanza? Para o alcalde Abel Caballero, desde logo, é inmellorable. Os que están máis a escuras son os afiliados a Muface, os funcionarios que teñen asistencia sanitaria a través das aseguradoras e que non saben a tal hora se desde o 1 de xaneiro do ano que vén seguirán atendidos polo seu seguro habitual ou terán que migrar ao Sergas. As compañías de seguros que ata agora atendían os mutualistas (Adeslas, DKV e Asisa) din que os 3.000 millóns longos de euros que reciben do Estado non lles chegan a nada, e o Ministerio de Sanidade que non hai problema en acoller ao millón e medio de refuxiados que virían da mutua funcionarial. Mentres, no PP de Galicia hai un conato de resurrección boina, Daniel Chapela, coordinador de Cultura da dirección do partido e concelleiro en Bueu vaise chamándolle inútil e de todo menos bonito ao conselleiro de ídem, Lingua e Xuventude, Jose López Campos. É Chapela o derradeiro galeguista no PP, como aqueles soldados xaponeses perdidos que non sabían que rematara a guerra, ou hai algo máis? Escoiten a Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, e quizais non aprendan nada, pero polo menos pasarán o tempo.
Política, economía y opinión 6 meses
1
0
147
48:13
También te puede gustar Ver más
Carne Cruda - PROGRAMAS
Carne Cruda - PROGRAMAS Todos los programas completos de la República Independiente de la Radio. Escúchalos en carnecruda.es y haz posible este programa en http://bit.ly/HazteproductorCC Actualizado
Un tema al día
Un tema al día 'Un tema Al día’ es un podcast de elDiario.es para explicarte la actualidad. Con ayuda de los mejores periodistas de la redacción, nos detendremos cada día en un asunto: puede ser una noticia compleja o una historia sencilla que merezca la pena. Una píldora de sonido para acompañarte en el desayuno, de camino al trabajo, en la pausa de la comida o antes de dormir. Con Juanlu Sánchez. Disponible en tu plataforma de audio favorita.  Actualizado
Debate Directo
Debate Directo Debate Directo es un programa sobre política y mundo judicial en el que intentamos dar puntos de vista alternativos a los medios de comunicación tradicionales. Actualizado
Ir a Política, economía y opinión