
Descripción de Fantasma Accidental 4x10 1x71y
Queimamos as nosas caretas tralo último baile ritual nas corredoiras choqueiras do Entroido. Mércores de cinza cun programa dedicado ao Primos Hermanos, festival de irmandamento entre Galiza e Asturias organizado por Desconcierto Cultural, que celebra a súa terceira edición este 2016. A viaxe é de ida e volta entre Compostela e Oviedo deste festival que "xorde do agarimo e simpatía que comparten as comunidades galega e asturiana. Deste xeito, búscase establecer un intercambio cultural, centrado na música independente, entre ambos os territorios" Na nova sección chamada Lemuria onde unha persoa vencellada á música feita en Galicia fai unhas recomendacións temos de invitado a Rubén Domínguez (Pantis e Chicharrón) que rescata a efémera banda Cudevaso e recomenda a Jackson do Pandeiro, músico brasileiro de principios dos anos 50 considerado o Rei do Ritmo. 1j6t4f
Comentarios de Fantasma Accidental 4x10 2e5z3c