Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Salta da Cama
Como romper co/a teu/túa psicólogo/a?, por Verónica Barros, de BARROS PSICOLOGÍA

Como romper co/a teu/túa psicólogo/a?, por Verónica Barros, de BARROS PSICOLOGÍA 5d663t

8/4/2025 · 15:58
0
29
Salta da Cama

Descripción de Como romper co/a teu/túa psicólogo/a?, por Verónica Barros, de BARROS PSICOLOGÍA 6z4t8

Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos de como romper co/a teu/túa psicólogo/a. 🔊"O avance de terapia, de forma natural, debería chegar a un momento no que se foron acadando os obxectivos". 🔊"As persoas que nos adicamos a esta profesión estamos preparados para xestionar correctamente a posibilidade de abandonar a terapia". 🔊"Para nos en terapia o principal é a sinceridade, a franqueza e a cordialidade, polo que nas rupturas estas tres cuestións son igual de fundamentais". 📢¿Cómo romper co/a teu/túa psicólogo/a? Deixar unha parella non é sinxelo, deixar de lado a un amigo, tampouco. Pero debemos dicir que cando o noso psicólogo ou psicóloga xa non encaixa na nosa vida ou cando xa se lograron os nosos obxectivos tampouco é tarea fácil. Moitas veces esa ruptura dase por cuestións positivas, xa que se acadaron os obxectivos ou hai unha mellora significativa que nos da conta de que xa non precisamos dun acompañamento, máis otras veces dase porque o noso psicólogo xa non encaixa na nosas vidas, ou porque o avance terapéutico se estancou e notamos que os nosos progresos son nulos. Cando isto sucede a pesar de que a alianza terapéutica (esa relación de confianza que se debe establecer para que a terapia vaia adiante dunha forma satisfactoria), a ruptura custa e o paciente non sempre sabe como comportarse. O avance de terapia, de forma natural, debería chegar a un momento no que se foron acadando os obxectivos, e que o tema polo que se acudiu a terapia xa non está sendo o que lle preocupa ou molesta. Isto vai ser algo que note tanto o paciente como o terapeuta, polo que é unha fase positiva e agradable por ambas partes, polo que é importante transmitilo de forma sincera. 💡O habitual, polo tanto, é deixar a terapia cando o síntoma disminúe ou cando a súa importancia baixa. Pero, non sempre é así. Por unha banda hai a posibilidade de que o vínculo do que falabamos non se estableza, ou que se rompa por cuestións a veces incontrolables por parte de ambas persoas. Neste caso, é importante permitirse darse a oportunidade de atopar outro profesional que poida axudar, xa que nese caso, a dificultade pola que se acude a consulta segue estando presente. Debemos dicir que, ademáis, en moitas ocasións, non se trata de querer acudir ou non a consulta ou de se hai algo malo ou bo para rematar a relación terapéutica, senón que se trata máis ben dun proceso arduo de traballo persoal, no que sen ter problemas, polo que a interrupción prematura do tratamento non é nada extraña. 💡E como facer para cortar co noso terapeuta? ✅As persoas que nos adicamos a esta profesión estamos preparados para xestionar correctamente a posibilidade de abandonar a terapia, sexa cal sexa o motivo, polo que agradecemos a sinceridade, que o abandono sen explicación. Se se dese o caso contrario, e mostrase que non o toma ben, entón é unha mostra de que a relación establecida non é a máis axeitada, xa sexa por exceso de confianza ou por falta de imparcialidade. ✅Tamén debemos dicir que non sempre é sinxelo comunicar por parte do paciente que non vai continuar coa terapia, xa que moitas veces aparece a culpabilidade, é por exceso de esixencia ou por falta de constancia, polo que non é raro que non se comunique, o cal ten máis que ver co propio estilo de afrontamento, de relación ou de abordar problemas. ✅Cando xa levas un tempo como terapeuta daste conta de que hai casos nos que hai abandonos puntuais, nos que despois dun tempo de traballo persoal independente, a persoa decide acudir a terapia de novo, e elíxete de novo. Ou incluso persoas que abandonaron a terapia contigo, te recomendan aos seus achegados. ✅E se a ruptura ben por desgaste ou por problemas co terapeuta, para nós como profesionais, o que mellor nos pode vir é que se nos diga. Ainda que pode molestarnos momentáneamente a crítica, é o que máis nos pode facer medrar. Para nos en terapia o principal é a sinceridade, a franqueza e a cordialidade, polo que nas rupturas estas tres cuestións son igual de fundamentais. 👉Máis información BARROS PSICOLOGÍA: ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/ 🎙️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast👍 👉Máis Información e entrevistas: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas 1x2217

Comentarios de Como romper co/a teu/túa psicólogo/a?, por Verónica Barros, de BARROS PSICOLOGÍA 4m59h

Este programa no acepta comentarios anónimos. ¡Regístrate para comentar!