A tradición de cantar: cantareiras e cantares 6y303i

Radio Liverdade

As pandereteiras Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, as de Mens, Manuela Lema Villar e as irmás Prudencia e Asunción Garrido Ameijide de Malpica, e con elas todas as...

As pandereteiras Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, as de Mens, Manuela Lema Villar e as irmás Prudencia e Asunción Garrido Ameijide de Malpica, e con elas todas as pandereiteiras de antes e dagora, reciben este 17 de maio a xusta homenaxe das Letras Galegas coma tesouro da música popular, da tradición oral e patrimonio inmaterial da nosa cultura. A música, mestra e musicóloga Cristina Asenjo Rodríguez falou no campus de Ourense das características e desta manifestación de creatividade artística e do seu valor sociolóxico coma ferramenta de resistencia das mulleres nas sociedades patriarcais. Escoitamos ó coro de alumnas e alumnos da Facultade de Educación e Traballo Social dirixidos pola profesora Lucía Casal de la Fuente. Tamén ó grupo de pandeiretas Xúa e ás regueifeiras Blanca Trigo e Silvia Villar.

Descargar APP iVoox

Episodios de A tradición de cantar: cantareiras e cantares a1g60

A tradición de cantar: cantareiras e cantares 6y303i

1 mes 40:29

Ver todos los episodios