Entre pedras, paixón e latín mal falado: María Loira Enríquez e o segredo de vivir tranquiliña e feliz. 455u5

25/05/2025

Boas, benvidas e benvidos a un novo episodio de Retrato Sonoro, presentado e producido por Fidel...

Boas, benvidas e benvidos a un novo episodio de Retrato Sonoro, presentado e producido por Fidel Mouzo. Retomamos o espírito inicial do podcast, deixando momentaneamente o serial sobre o viño con Jorge Marcote en Da cepa á bodega. Hoxe propoñémosvos unha viaxe ao pasado da man dunha muller coa que sempre asocio mestría: María Loira Enríquez, arqueóloga, investigadora e profesora na UNED, onde tiven a sorte de tela como mestra.

Nesta conversa, que non é unha entrevista ao uso, falamos de historia e de moito máis: das miñas teimas persoais, do que aprendín con ela sobre a Gallaecia romana, e da sorte de contar con profesoras que esperten a curiosidade e o desexo de investigar.

Normalmente en Retrato Sonoro, a conversa comeza cunha fotografía achegada pola persoa convidada. Unha imaxe que resume o camiño. Pero hoxe tróuxena eu: comezamos falando do crismón de Quiroga, tamén presente no podcast Limiar, e desde aí abordamos a romanización, os territorios ártabros, a mestura de culturas, os castros, pedras formosas, e as pinturas murais nas vilas romanas de Cambre e A Coruña.

Unha das pinturas nunha posible Domus Ecclesiae na cidade de A Coruña, estudada por María, e da que tedes a ligazón no parágrafo anterior, pódese visitar no Museo Arqueolóxico da Coruña e é especialmente enigmática.

Tamén falamos do papel silenciado pero esencial das mulleres no cristianismo primitivo, e da súa relevancia na historia.

Este episodio non pretende ser unha lección académica, senón un convite a mirar ao pasado con respecto e ilusión, esa que María define como “o mellor antirrugas”. Así debuxamos unha Galicia inserida nun imperio, pero tamén chea de humanidade e identidade propia. Porque, como di María, falamos latín…

Nesta introducción non está, nin moito menos, presente todo o contido da conversa… para iso terás que escoitarnos a María Loira e a mín…

Agradecemento especial á dirección do Centro Asociado UNED da Coruña por permitir a gravación deste episodio nas súas instalacións. Un xesto que honra á institución.

Da cepa á bodega: Descubrindo a marabillosa historia do viño en Galicia con Luis Congil. Episodio 1 2 meses 31:56 Episodio 5 con Alfredo Álvarez e Jorge Marcote: "A Crise na Hostalería: Camareiros e Solucións" 5 meses 43:03 Episodio 4: Casa Alfredo, a revolución gastronómica de Mos. 6 meses 50:46 Da cepa á bodega con Esther e Jorge: "A voz da terra: o camiño, a incomprensión, e a satisfacción do viño ecolóxico" 1 año 01:22:31 Episodio 3 de "Da cepa á bodega con Quin Álvarez e Jorge Marcote": Teimosía ven de teimoso, de teima. 1 año 01:20:21 Ver más en APP Comentarios del episodio 3u675i